Canal da Mancha

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Canle da Mancha vista por satélite

A Canle da Mancha é a parte do Océano Atlántico que separa a illa principal da Gran Bretaña do norte da Francia e une o Mar do Norte ao Atlántico e que se estende por unha superficie duns 75.000 km², comunicando o Mar do Norte polo Paso de Calais polo leste e o Océano Atlántico polo oeste. En francés chámase La Manche, en alemán Der Ärmelkanal e en inglés English Channel.

Ten aproximadamente 563 km (350 millas) de lonxitude e unha anchura de 240 km (150 millas) na parte máis ancha e de apenas 34 km (21 millas), de Dover ata o Cabo Griz-Nez, no seu punto máis estreito. A profundidade máxima é de 172 metros.

A circulación marítima na canle da Mancha é das máis intensas do mundo, con máis de 250 navíos por día, o que supón un cuarto do tráfico marítimo mundial. A esa circulación intensa superponse a dos ferries que ligan a Francia á Inglaterra por vía marítima. Dende que foi inaugurado o 6 de maio de 1994, o Eurotúnel constitúe unha excelente e rápida alternativa de viaxe, ao permitir a comunicación ferroviaria entre Gran Bretaña e a Europa continental.

As Illas da Canle localízanse no interior da Canle da Mancha, próximas ao lado francés. A illa de Ouesant é o punto de referencia da extremidade occidental da canle.

O département (departamento) da Mancha, que incorpora a península do Cotentin, que avanza en dirección á canle, ten ese nome debido á rexión marítima circunviciña.

Nota: Mancha é unha tradución de 'Manche', en francés, que foi traducido erroneamente para 'Mancha' por portugueses e españois, pois en francês 'Manche' non quer dicir 'Mancha' e si 'Manga'.

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais