Salvador, Baía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 12°58′29″S 38°28′36″W / 12.97472°S 38.47667°W / -12.97472; -38.47667

Salvador, Baía
Bandeira de Salvador.svg Brasão de Salvador.jpg
Montage Salvador de Bahía.jpg
Situación xeográfica
Salvador en Brasil
Salvador
Salvador
País Flag of Brazil.svg Brasil
Rexión Nordeste
Estado Bandeira da Bahia.svg Baía
Xeografía
Altitude 8 msnm
Superficie 693 km²
Poboación
Poboación 2.902.927 hab. (2014)
Densidade 4.187 hab/km²
Información
Código postal 40000-000
Alcalde Antônio Carlos Magalhães Neto DEM
Páxina web Páxina oficial

Salvador é a capital do estado da Baía e a terceira cidade do Brasil en tamaño de poboación. Tiña 2.443.107 habitantes segundo o Censo Demográfico 2000. Foi fundada en 1549 co nome de Cidade de São Salvador da Bahia de Todos os Santos. Foi a primeira capital do Brasil, de 1549 ata o 1763.

Clima[editar | editar a fonte]

Salvador ten un clima tropical cálido, con choivas no inverno e no verán. As temperaturas mínimas no inverno poden descender ao redor de 20 ºC, e as máximas no verán roldan os 36 ºC. A brisa, proveniente do Océano Atlántico, mantén unha temperatura agradable ata nos días máis quentes de verán. A zona da cidade contigua á costa atlántica recibe fortes ventos que chegan dende o mar.

Economía[editar | editar a fonte]

A cidade ten un desenvolvido comercio e servizos, un importante porto e unha zona industrial (Complexo Petroquímico de Camaçari) na súa rexión metropolitana.

Turismo[editar | editar a fonte]

Pelourinho, área turística no centro de Salvador.

Salvador ten como atraccións turísticas os seus edificios e monumentos históricos, como os da rexión do Pelourinho, e as súas praias.

Praias[editar | editar a fonte]

Salvador ten numerosas praias ao longo da costa atlántica e da Baía de Todos os Santos. As principais praias urbanas son Itapuã, Praia dos Artistas, e Porto da Barra. As praias da cidade atraen tanto aos habitantes locais como a turistas, principalmente debido á agradable temperatura da auga. Algunhas praias contan con restaurantes típicos situados sobre a area onde se preparan mariscos e diversas bebidas. Ademais, nas praias pódense atopar postos de "bahianas", onde se pode comer o acarajé, comida típica afro-brasileira á base de feixón e camarón.

Elevador Lacerda, en Salvador.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salvador, Baía Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]