A Pontenova
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| A Pontenova | |
|---|---|
| Altos fornos das minas de Vilaoudriz. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | pontenovés |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Lugo |
| Comarca | Comarca da Mariña Oriental |
| Poboación | 2892 hab. (2009) |
| Área | 135,8 km² |
| Densidade | 21,3 hab./km² |
| Entidades de poboación | 11 parroquias |
| Capital do concello | A Pontenova |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Darío Campos Conde (PSdeG-PSOE) |
| Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 6 Outros: - |
| Eleccións municipais na Pontenova | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 99,69% |
| Páxina web oficial | |
| www.concellodeapontenova.org | |
A Pontenova é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Oriental.
Índice |
Xeografía[editar]
O concello está atravesado polo río Eo na zona media-alta do seu percorrido, formando fermosos vales e paisaxes montañosas. O clima é de transición entre o propio da costa e o do interior da provincia de Lugo.
Limita ó norte con Trabada, ó sur coa Fonsagrada e Ribeira de Piquín, ó leste con Asturias e ó oeste con Riotorto.
Polo concello pasa a estrada N-640, que vai de Lugo a Vegadeo.
Demografía[editar]
Segundo o INE no ano 2009 tiña 2.892 habitantes (3.016 no 2006, 3.063 no 2005, 3.125 no 2004, 3.199 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pontenovés».
| Censo Total | 2.892 |
| Menores de 15 anos | 226 (7.81%) |
| Entre 15 e 64 anos | 1.691 (58.47%) |
| Maiores de 65 anos | 975 (33.72%) |
Historia[editar]
O concello está na histórica Terra de Miranda, sendo feudo de estirpes de fidalgos. O nome alude á existencia doutra ponte antiga sobre o Eo, comunicando a vila coa outra beira do río, onde xa se explotaban xacementos mineiros desde épocas antigas.
Existen probas arqueolóxicas da súa poboación cara a idade de Pedra, e hai restos posteriores de poboados castrexos.
Non existen moitos restos da época da antiga Roma. Porén, é posible que o trazado da actual estrada N-640 siga o da antiga calzada romana, que serviu de entrada a suevos e árabes.
Durante a idade Media a comarca estivo dominada polo monacato, que colonizou e repoboou as terras abandonadas polos sarracenos. Proba disto son os abundantes templos e construcións relixiosas que se conservan desta época, como o mosteiro de Meira, construído no século XII pola orde do Císter. A titularidade laica tamén tivo posesións dentro do termo municipal.
Os señoríos laico e eclesiástico repartíanse a posesión das terras da Pontenova, aínda que foi a igrexa quen acadou un maior patrimonio, mercede as doazóns que recibía da realeza e do pobo, para remisión dos seus pecados. A partir do século XII comezou a aparecer na documentación referencias sobre a "Vila de Goios" entre as propiedades do mosteiro de Meira, antecedente da actual A Pontenova.
Declinado o poder eclesiástico, as terras desta comarca pertenceron a varias casas nobres, como os Pardo de Cela, os Osorio, os Losada e os Miranda.
Houbo dous fenómenos sociais que afectaron ás terras de Miranda. Un foi a fundación no século XVIII da gran fábrica de Sargadelos, no concello de Cervo, de onde saíron os ladrillos que serviron para construír os fornos das minas de Vilaoudriz.
Xa no século XIX, iniciouse a explotación dos xacementos de limonita por parte dunha sociedade vasca, explotación que continuou ata a guerra civil española. A importancia desta actividade provocou a construción en 1905 dun ferrocarril para transportar o mineral cara o porto de Ribadeo.
Ata 1845 o termo estaba dividido en tres concellos: Conforto, Miranda e Vilameá. Nese ano Miranda e Conforto uníronse no de Vilaoudriz. En 1950 o concello de Vilameá mudou o seu nome polo oficial de Puente Nuevo, e en 1963 fusionouse co de Vilaoudriz, chamándose ata 1979 Puente Nuevo Vilaoudriz. O 9 de xuño dese ano pasou a chamarse oficialmente A Pontenova.
Lugares da Pontenova[editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Pontenova vexa: Lugares da Pontenova
Parroquias[editar]
Notas[editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
|
|||||