Schaan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 47°11′N 09°33′E / 47.183°N 9.550°E / 47.183; 9.550

Schaan
[[Ficheiro:Schaan.png|90px|Escudo de Schaan]] [[Ficheiro:Flag of Schaan Liechtenstein-1.svg|border|125px|Bandeira de Schaan]]
TriesenbergFL 1.jpg
Situación xeográfica
Karte Gemeinde Schaan.png
Estado: Flag of Liechtenstein.svg Liechtenstein
-:
Xeografía
Altitude: 450 msnm
Superficie: 26,8 km²
Poboación
Poboación total: 5.766 hab. (2010)
Densidade de poboación: 215 hab/km²
Xentilicio:
Información
Código postal: 9494
Alcalde: Daniel Hilti
Sitio na web: www.schaan.li

Schaan é un concello do principado de Liechtenstein, situado ao norte da capital, Vaduz. Contaba en 2010 cunha poboación de 5.766 habitantes, sendo a cidade máis poboada do país.

Índice

Xeografía[editar]

Limita ao norte cos municipios de Gamprin e Eschen, ao leste con Planken, Frastanz (Austria) e Triesenberg, ao sur con Vaduz, e ao oeste con Buchs (Suíza).

Grazas aos seus tres exclaves limita tamén cos municipios de Balzers e Triesen en Liechtenstein, Nenzing en Austria, e Maienfeld en Suíza.

Lugares de interese[editar]

Parroquia en Schaan

Comunicacións[editar]

A cidade ofrece unha estación de ferrocarril compartida con Vaduz, e unha estación de autobuses, operativa as 24 horas. Ademais, a cidade ten numerosos carrís bici que conectan coa veciña cidade de Vaduz. A cidade de Schaan é moi famosa no país por ser a sé da fábrica de lácteos Hilcona AG, situada en Schaan alta, e que a comercializa por Liechtenstein, Suíza e Austria.

Deporte[editar]

Ademais do seu equipo de fútbol, o FC Schaan, que xoga na liga suíza, conta cun pavillón de deportes, que ten unha piscina, un ximnasio, unha pequena cancha de fútbol, unha de baloncesto e un salón multiusos. No país só hai catro centros deportivos: en Vaduz, Ruggell, Balzers e Schaan.

Véxase tamén[editar]

Ligazóns externas[editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: