Ramirás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramirás
Bandeira de Ramirás Escudo de Ramirás
Situación
Situacion Ramirás.PNG
Xentilicio[1]: Ramirense
Xeografía
Provincia: Provincia de Ourense
Comarca: Terra de Celanova
Poboación: 1.897 hab. (2010)
Área: 40,7 km²
Densidade: 48,87 hab./km²
Entidades de poboación: 10 parroquias
Capital do concello: O Picouto
Política (2011)
Alcalde: Pilar Otilia López (PPdeG)
Concelleiros: BNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 3
Outros: -
Eleccións municipais en Ramirás
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 98,47 %
Sitio web oficial
http://www.ramiras.es/

Ramirás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova.

Índice

[editar] Historia

O concello naceu en 1926, trala fusión dos municipios de Freás de Eiras e Vilameá de Ramirás. A cabeza do antigo priorato de Celanova, san Salvador de Paizás, era chamado antigamente "de Eiras", sendo ese o nome dado ao río Tuño, segundo consta na documentación do mosteiro desde finais da Alta Idade Media.

[editar] Demografía

Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2010 tiña unha poboación de 1.897 persoas (2.053 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Ramirense.

Evolución da poboación de Ramirás - desde 1900 ata 2010 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2010
  -  5.806  5.147  5.132  2.046  1.897
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Censo Total 1.938
Menores de 15 anos 126 (6.50%)
Entre 15 e 64 anos 951 (49.07%)
Maiores de 65 anos 861 (44.42%)


[editar] Patrimonio histórico-artístico

[editar] O mosteiro de San Pedro de Ramirás

O mosteiro de San Pedro de Ramirás é do século X. Aínda que a orixe non está ben establecida, sábese que foi fundado por Omnéga abadesa do mosteiro de Santa Comba de Bande. Convento dos beneditinos no 1137, logo tivo moitos cambios.

A igrexa, empezada no estilo románico, foi acabada no estilo gótico.

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Ramirás

[editar] Lugares de Ramirás

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ramirás vexa: Lugares de Ramirás.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ramirás

Casardeita (Santiago) | Escudeiros (San Xoán) | Freás de Eiras (Santa María) | Grixó (Santa Isabel) | Mosteiro (San Pedro) | Paizás (San Salvador) | Penosiños (San Salvador) | Rubiás (Santiago) | Santo André de Penosiños (Santo André) | Vilameá de Ramirás (Santa María)

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas