Costa da Morte
A Costa da Morte é a franxa costeira que se estende desde Cabo Fisterra ata Malpica, abarcando parte das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra. Está declarada lugar de importancia comunitaria.
O nome de Costa da Morte foi usada por mariñeiros ingleses do século XIV, pola historia de accidentes navais nas cartas mariñas.
Índice |
[editar] Límites
Tradicionalmente, desde que recibiu esta denominación por parte de mariñeiros ingleses, comprende máis ou menos a Costa que vai de Malpica a Fisterra[1].
Na actualidade existe discrepancia con respecto ao ámbito xeográfico que limita esta zona, como podemos ver no mapa da páxina do Plan de Dinamización da Costa da Morte, que marca os límites na Laracha (porto de Caión) e Muros.
[editar] Turismo
O concello de Fisterra é o segundo máis visitado de Galicia, e o Cabo Fisterra foi declarado Patrimonio Europeo no 2007. A Costa da Morte está declarada Lugar de importancia comunitaria.
A costa da morte ofrece un múltiple patrimonio paisaxístico, etnográfico e megalítico.
[editar] Arqueoloxía
[editar] Ponteceso
- Pedra da Serpe, en Gondomil, Ponteceso. É un gravado dunha serpe alada, único na Costa da Morte. Enriba ten un cruceiro engadido posteriormente. Na zona debeu de haber un pobo ou culto ofiliátrico.
- Santuario da Campaíña, no Roncudo, Ponteceso. Descuberto hai pouco. Suponse que alí se coroaban reis na Idade do Ferro.
- Castro da Coteleira, Cores, Ponteceso.
- Castro da Illa da Estrela, Corme, Ponteceso.
- Castro de Anllóns, Anllóns, Ponteceso.
- Castro de Cerezo, Cospindo, Ponteceso.
- Castro de Cores, Cores, Ponteceso.
- Castro de Lestimoño, A Graña, Ponteceso.
- Castro de Nemeño, Nemeño, Ponteceso.
- Castro de Niñóns, Niñóns, Ponteceso.
- Castro de Tallo, Tallo, Ponteceso.
- Castro de Xornes, Xornes, Ponteceso.
- Castro do Monte do Castro - A Barda, Corme, Ponteceso.
- Mámoa das Gándaras, Brantuas, Ponteceso.
- Mámoa das Modias, Nemeño, Ponteceso.
- Mámoa de Monte das Minas, Tallo, Ponteceso.
- Mámoa de Pardiñas, Tallo, Ponteceso.
- Mámoa de Vilasuso, Tallo, Ponteceso.
- Mámoa do Monte dos Regados, Xornes, Ponteceso.
- Mámoa do Monte Espiño, Xornes, Ponteceso.
- Mámoa do Monte Faro, Brantuas, Ponteceso.
- Mámoa dos Torrados, Cores, Ponteceso, Ponteceso.
- Mámoas de Monte Carballa, Cospindo, Ponteceso.
- Mámoas de Monte Lamoso, Tallo, Ponteceso.
[editar] Cabana de Bergantiños
- Castro de Borneiro, Borneiro, Cabana de Bergantiños. Escavado. Datado no 520 a. de C. Coñecido como "A Cidá".
- Dolmen de Dombate, Dombate, Cabana de Bergantiños. Moi vello, estase a recuperar.
[editar] Malpica de Bergantiños
- Castro de Seiruga, Seiruga, Malpica.
- Castro de Brión, |Leiloio, Malpica.
- Dolmen Pedra da Arca, Cerqueda, Malpica.
[editar] Muxía
- Castro de Merexo, Merexo, Muxía.
- Pedra d´Abalar, en Muxía.
[editar] Camariñas
- Castro de Mourín, Camariñas. Sen escavar.
- Museo do Aleman, Camelle, Camariñas. Museo único creado polo Alemán Manfred Gnadinger.
- Castro de Lingunde, Lingunde, Camariñas. Sen escavar.
[editar] Vimianzo
- Castro das Barreiras, Ogas, Vimianzo. Único por estar nun val. En escavación.
- Penedos de Traba, entre Traba, Braño e Pasarela, Vimianzo. Paisaxe Protexida.
- Necrópole suevo-romana de Tines, Tines, Vimianzo.
- Estela funeraria de Victorino, Tines, Vimianzo. Levada para o Museo do Pobo Galego
- Dolmen da Pedra Moura, Serramo, Vimianzo. 4000-3000 a.c.
- Dolmen Pedra da Lebre, Serramo, Vimianzo. 4000-3000 a.c.
- Dolmen Casa das Mouras, Baíñas, Vimianzo. 4000-3000 a.c.
- Dolmen da Pedra Cuberta, Serramo, Vimianzo. 4000-3000 a.c.
- Dolmen da Mina, Braño, Vimianzo. 4000-3000 a.c.
- Dolmen Casota de Freáns, Berdoias, Vimianzo. 2500-2000 a.c.
[editar] Cee
- Castro do Monte do Castro, Lires, Cee
- Castro do Monte do Son, Cee.
- Mámoas do Alto de San Pedro Mártir, na Pereiriña, Cee.
- Castro de Toba, O Vilar de Toba, Cee.
[editar] Dumbría
- Dolmen Pedra da Arca, Regoelle, Dumbría.
- Castro de Alvarellos, Berdeogas, Dumbría.
- Castro de Berdeogas, Berdeogas, Dumbría.
- Castro de Logoso, Logoso, Dumbría.
[editar] Zas
- Dolmen da Arca da Piosa, no Muíño, Zas.
[editar] Outros lugares
- Castro de Castrelo, Soesto.
- Dolmen Fornela dos Mouros, no Aprazadoiro.
- Foxo dos Lobos, Reira.
- Mamoa de Reira, Reira.
- Castro de Quenxe.
- Castro de Regoelle.
- Castro de Teixoeiras, Bufantes.
- Petroglificos Pedra Ancha, no Camiño de Fisterra.
- Petroglificos Torre da Moa. Atopados hai pouco nunha leira na estrada que une Mosquetín e a Torre da Moa.
- Dolmen da Arca de Pedra Vixía, 4000-3000 a.c.
- Ponte de Brandomil. Conserva unha ara consagrada ao Deus celta Cosus.
- Dolmen de Pedra Moura 4000-3500 a.c. na parroquia del Aldemunde en Carballo
[editar] Naufraxios
Son moitos os naufraxios que se produciron nesta zona ao longo da historia. O Serpent, que naufragou na Punta do Boi, e o Captain, que o fixo a mar aberto do cabo Fisterra, foron dous dos máis coñecidos. O naufraxio máis vello do que hai memoria é o Cantabria, en Coenda (Camariñas), en 1773, aparte da flota de Padilla descuberta hai pouco pola zona de Fisterra. Moitas lendas rodean esta costa, como a de que os veciños colocaban luces nos cornos das vacas para aparentaren faros ou poboados e, ao naufragaren os barcos, desvalixaban o que podían[Cómpre referencia].
Outros naufraxios deron nome a cabos, baixos, etc., coma os baixos do Serpent e do Lucin, en Trece, e o Atain, en Traba.
[editar] Lista de naufraxios ata 1907
| Nome do barco | País | Ano | Lugar | Vitimas |
|---|---|---|---|---|
| Ataín | Inglaterra | - | Praia do Arnado, Traba | - |
| Mary | Galicia | - | Zona de Corme | - |
| Sisargas | Galicia | - | Zona de Corme | - |
| Everilda | Galicia | - | Zona de Corme | - |
| Corme | Galicia | - | Zona de Corme | - |
| Joven Consuelo | Galicia | - | Zona de Corme | - |
| Felicidad | Galicia | - | Zona de Corme | - |
| Franch | España | - | Zona de Corme | - |
| Pazoco | España | - | Zona de Corme | ?- |
| Clara Campos | España | - | Zona de Corme | - |
| Embaka | Inglaterra | - | Zona de Touriñán | - |
| M. Kastanau | Grecia | - | Carrumeiro | - |
| Padova | Italia | - | Zona de Corme | - |
| Bonita | España | - | Zona ría Corcubión | - |
| Rosalía | España | - | Zona ría Corcubión | - |
| Hawringz | Inglaterra | - | Zona ría Corcubión | - |
| Jacqueline | Francia | - | Zona ría Corcubión | - |
| Eraclito | Grecia | - | zona ría Corcubión | - |
| Ribadavia | Inglaterra | - | Trece, Camariñas | - |
| Cantabria | España | 1773 | Coenda, Camariñas | 15 |
| Franlla | Francia | 1815 | Cabo Vilán, Camariñas | 4 |
| Adelaide | Inglaterra | 1830 | Ría de Corme e Laxe | 16 |
| Liverpool | Inglaterra | 1846 | Baía de Fisterra | - |
| Wolfstrong | Inglaterra | 1870 | Negra, Arou | 28 |
| Captain | Inglaterra | 1872 | Perto de Fisterra | 800 + |
| Rouseull | Inglaterra | 1874 | Centolo, Fisterra | - |
| Revanchil | Inglaterra | 1875 | Negra, Arou | - |
| Perranchins | Francia | 1875 | Negra, Arou | - |
| Lionne | Francia | 1875 | Centolo, Fisterra | - |
| John Tenat | Inglaterra | 1875 | Lagosteira, Fisterra | - |
| Mercante | España | 1875 | Cabo Fisterra | 9 |
| Duró | España | 1876 | Baleas, Camariñas | - |
| Falcón | Inglaterra | 1877 | Lagosteira, Fisterra | - |
| Sirsam | Inglaterra | 1877 | Estorde | - |
| Margarita | Italia | 1878 | Lagosteira, Fisterra | - |
| Bitten | Inglaterra | 1878 | Cabo Fisterra | 10 |
| Europa | Inglaterra | 1878 | Cabo Touriñán | - |
| Irurac-Bat | España | 1882 | Cabo Touriñán | 31 |
| Douro | Inglaterra | 1882 | Cabo Touriñán | 42 |
| Sunrise | Inglaterra | 1882 | Fisterra | - |
| Chamois | Inglaterra | 1883 | Cabezo, Camelle | - |
| Iris Hull | Inglaterra | 1883 | Ponta do Boi, Camariñas | 37 |
| Huelva | Inglaterra | 1885 | Percebeira, Camelle | - |
| Tumbridge | Inglaterra | 1890 | Punta do Boi, Camariñas | - |
| Dervenwater | Inglaterra | 1890 | Illote Lobeiras | 2 |
| HMS Serpent | Inglaterra | 1890 | Punta do Boi, Camariñas | 172 |
| Loss of the Trinacria | Inglaterra | 1893 | Punta do Boi, Camariñas | 30 |
| Brignetti | Italia | 1893 | Arnela, Camariñas | - |
| Seebold | España | 1895 | Baleas, Camariñas | - |
| Constancia | España | 1896 | Carniceira, Camariñas | - |
| Daylight | Inglaterra | 1897 | Pelouro, Arou | - |
| City of Agra | Inglaterra | 1897 | Baixo Negro, Arou | 29 |
| Standard | Noruega | 1897 | Baixo Negro, Arou | 3 |
| Saint Weller | Inglaterra | 1898 | Percebeira, Camelle | - |
| Saint Marc | Inglaterra | 1898 | Pedra do Sal, Arou | - |
| Barcelona | Alemaña | 1898 | Capelo, Santa Mariña | - |
| Svea | Noruega | 1898 | Cabo Touriñán | - |
| Óscar | Austria | 1899 | Barrosas, Roncudo | - |
| Boedo e Ponte | España | 1900 | Barra, Cabana | 4 |
| Turret | Inglaterra | 1900 | Praia do Rostro | - |
| Gijón | España | 1900 | - | - |
| Annubis | Grecia | 1900 | Cabo Touriñán | - |
| Rivera | Inglaterra | 1901 | Cabo Touriñán | - |
| Skuld Stawanger | Inglaterra | 1901 | Illote Lobeiras | - |
| Nsa, Señora do Carme | España | 1901 | Ría de Corcubión | - |
| Signore Mazzini | Italia | 1902 | Arou | ? |
| Svtford | Suecia | 1903 | Fisterra | 9 |
| Kenmore | Inglaterra | 1904 | Praia de Traba | 6 |
| Draga Rosario 2 | Holanda | 1904 | Batidora - Santa Mariña | - |
| Yeoman | Inglaterra | 1904 | Pedra do Porto | 4 |
| Ereza | España | 1904 | Ría de Corbión | - |
| Forstec | Inglaterra | 1904 | Lagosteira | - |
| Polimnya | Grecia | 1904 | Carrumeira | - |
| Francisca Rosa | España | 1904 | Lobeiras | - |
| Preston | Inglaterra | 1906 | Punta do Boi | - |
| Gladiator | España | 1907 | Roncudo | - |
| Denewel | Inglaterra | 1907 | Ría de Corcubión | - |
[editar] Portos
Os principais portos son:
- Malpica, un dos mais importantes da zona
- Camariñas,o porto máis grande da costa da morte, recentemente ampliado
- Corme, cun porto deportivo.
- Laxe,
- Camelle,
- Arou,
- Santa Mariña,
- Muxía, e
- Fisterra.