Cordal Cantábrico
O Cordal Cantábrico ou Cordilleira Cantábrica é un sistema montañoso do norte da Península Ibérica, paralelo ao Mar Cantábrico. Ten unha lonxitude de 480 quilómetros dende a depresión vasta ata o Macizo Galaico. A cordal pasa polas comunidades autónomas do País Vasco, Cantabria, Asturias e Castela e León. Os seus cumios sobrepasan os 2.000 metros en Asturias, o norte das provincias de León e Palencia e a zona oriental de Cantabria. Debido ao efecto Föehn prodúcense abondosas precipitacións na vertente norte cantábrica (de ata 2.000 mm anuais) e cando os ventos descenden cara a vertente meridional estes ventos xa se presentan secos, o cal ocasiona un clima máis árido.
Os materiais que forman o Cordal Cantábrico son antigos, calcarias sobre todo que resultaron fortemente pregados durante o proceso alpino. Gran cantidade de ríos nacen nos montes da Cordal, o Navia, Narcea e Nalón entre outros
Divídese entre o Macizo Asturiano, a Montaña Cántabra, onde están os Picos de Europa, e os Montes Vascos.