Servizo doméstico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Traballadora doméstica

O servizo doméstico engloba os termos de traballador doméstico, criado ou servente, referidos á persoa que traballa, e en ocasións vive, na casa do empregador.

Características[editar | editar a fonte]

Diferéncianse dos servos e dos escravos no feito de que son compensados, e en consecuencia, reciben un salario (e a través das reformas laborais no século XX, beneficios) polo seu traballo. Tamén teñen o dereito de renunciar ao seu traballo, aínda que os traballadores estranxeiros poden ter restrinxido os devanditos dereitos, por exemplo, a través de regulacións do visado. Nas mansións, poden existir un grande número de traballadores domésticos realizando diferentes tarefas, como parte dunha xerarquía elaborada. Non obstante, moitas familias pertencentes á clase media pode existir só un servente, de habelo.