Río Sil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sil
CanondoSil.JPG
Vista dos canóns do Sil
País España España
Rexión n/d
Nacemento La Cueta, León
Altitude 1.980 m
Lonxitude 228 km
Caudal medio 100 m3/s
Conca 4.500 km²
Desembocadura río Miño

O Sil é un río do noroeste da Península Ibérica que discorre polas provincias de León e Ourense, facendo no seu último tramo de fronteira entre esta última e a de Lugo, na zona noroeste de España. É o principal afluente do río Miño e o río máis caudaloso de Galicia, popularmente dise que «o Sil leva a auga e o Miño a fama», afirmación comprobable, pois o caudal do Sil é maior que o do Miño.

Características[editar | editar a fonte]

Nace en La Cueta, León, ao pé de Peña Orniz, a 1.980 metros de altitude. Após pasar polas comarcas de Laciana e do Bierzo (nesta, cruza a vila de Ponferrada), entra en Galicia pola provincia de Ourense, onde atravesa o Montefurado. Antigamente o seu leito rodeaba este monte nun percorrido de 3 km.

No seu tramo medio define a fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense. Xúntase co Miño no lugar dos Peares. Preto da intersección entre o río Sil e o río Miño están os Canóns do Sil. O seu curso é de 228 km, pasando por vilas como Villablino, Toreno, Ponferrada, O Barco de Valdeorras, A Rúa e Quiroga. A súa conca é de 8.020 km².

Tanto o seu caudal como o dos seus afluentes é moi estable.

Principais afluentes[editar | editar a fonte]

Pola ribeira esquerda:

Pola ribeira dereita:

Encoros[editar | editar a fonte]

Os principais encoros do río son:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Sil

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Sil