Periódico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
International newspaper, Rome May 2005.jpg
Vendedores de xornais en Río de Xaneiro en 1899

Un periódico é unha publicación editada normalmente cunha periodicidade diaria, denominado xornal, ou semanal, denominado semanario, e máis raramente quincenal ou mensual, cuxa principal función consiste en presentar noticias. O periódico ademais pode defender diferentes posturas públicas, proporcionar información e consellos ós seus lectores e ás veces inclúe tiras cómicas, chistes e artigos literarios. En case tódolos casos e en diferente medida, os seus ingresos económicos baséanse na inserción de publicidade.

Edítase, distribúese e véndese cada día nos quioscos e nos lugares acreditados. Destínanse ó público en xeral, polo cal o seu estilo é claro e conciso, e o seu contido moi variado, pero sempre dividido en dous seccións xerais, información e opinión, divididas á súa vez en subseccións: información nacional, internacional, local, sociedade, cultura, ciencia, saúde, economía, deportes, axenda, anuncios etcétera. No caso da información: editorial, artigos de fondo, cartas ó director, columnas, críticas (taurina, cinematográfica, televisiva, deportiva, teatral, musical), crónicas, humor gráfico etcétera. Por exemplo, xornais coma The New York Times.

Algúns periódicos adquiriron sona pola súa aceptación dalgunha sección en particular, xa sexa que a sección é destacada en comparación con outros xornais, ou porque teña algo peculiar distintivo.

Un periódico, aínda que imparcial, pode ter unha edición con tendencia cara a certa ideoloxía, ou unha tendencia a apoiar particulares causas, pero tamén pode estar máis enfocado ás finanzas, por exemplo.

O xornal foi crucial na difusión do crecemento da conciencia social e laboral, foi un instrumento que puido intervir en favor dos máis oprimidos.

A tinta[editar | editar a fonte]

A tinta empregada na impresión de periódicos variou durante os anos; desde a clásica tintura negra e manchante, a unha tinta morada, nalgúns casos, ou incluso de color café, aínda que o desenvolvemento máis recente da tinta enfocouse a que non manche e que sexa biodegradable.

Pénsase que o periódico impreso poda ser substituído polo xornal a través da computadora.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Periódico