Cidade de México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 34°35′59″S 58°22′55″W / 34.59972°S 58.38194°W / -34.59972; -58.38194

Cidade de México
Coat of arms of Mexican Federal District.svg
Bandeira Escudo
Mapa
Mexico map, MX-DIF.svg
Información
País Flag of Mexico.svg México
Superficie 1.485[ km2
Poboación 8.720.916 (2005)
Densidade 5,862/km²
Alcalde Marcelo Ebrard
Zócalo.

Cidade de México (oficialmente e en castelán Ciudad de México) é a capital da República Mexicana, os seus límites administrativos coinciden co seu distrito federal.

A cidade maior, con diferenza, do país (8.720.916 habitantes,censo do 2005), a poboación real que habita no D.F. é de 19.311.365. O censo non ten que ver coa realidade xa que nunca se ten feito, polos motivos que sexan, un censo realmente actualizado. É unha das urbes máis grandes do mundo, sitúase no centro da república, sobre o altiplano mexicano a uns 2.600 m de altitude, no leito do que foi un lago e rodeada de volcáns, sobre todo ao sueste, os impresionantes Popocatépetl (5.452 m) e Iztaccíhuatl (5.286 m), chamados popularmente "o pai e a nai".

Os españois edificárona sobre as ruínas da antiga Tenochtitlán, a lendaria capital azteca que aqueles conquistaron en 1521 ao mando de Hernán Cortés. No lugar central onde se situaban a gran pirámide e os templos, construíron a catedral, a capela do Sagrario e o palacio vicerreinal ao redor da gran praza do Zócalo, verdadeiro corazón da actual cidade.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas