Alimento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
O pan, considerado como alimento por excelencia

O alimento é a substancia normalmente comida ou bebida por seres vivos. O termo alimento inclúe tamén bebidas líquidas. A comida é a principal fonte de enerxía e nutrición dos animais, e é xeralmente de orixe animal ou vexetal.

Diversas disciplinas encárganse do estudo dos alimentos desde enfoques distintos: a bioloxía estuda os mecanismos de obtención, dixestión e refugallo dos alimentos por parte dos organismos, a ecoloxía estuda as cadeas alimentarias, a química dos alimentos a composición dos alimentos e o xeito no que se metabolizan dentro do organismo, e a tecnoloxía dos alimentos estuda a elaboración, produción e uso dos produtos destinados ao consumo humano.

Índice

Tipos e compoñentes dos alimentos [editar]

Roda dos alimentos.

Un compoñente fundamental dos alimentos é a auga, que o corpo humano require para sostelos procesos que nos manteñen vivos.

É necesario inxerir auga para repoñela que perdemos basicamente por catro vías: por transpiración, polo aire que expulsamos na respiración, por excreción, e pola que eliminamos directamente nos ouriños.

Os compoñentes dos alimentos pódense clasificar de moitas maneiras. Unha delas é nos seguintes cinco grandes grupos:

As proteínas: Están formadas por cadeas de moléculas moi especiais, chamadas aminoácidos, que son os compoñentes que require o corpo humano para construír tecidos, como os músculos, os osos, a pel, os tecido nerviosos, etc. As proteínas están en alta proporción nos alimentos de orixe animal, como as carnes (de mamíferos, aves e peixes), nos ovos, nos lácteos, e en menor proporción nalgúns vexetais, como a soia.

Os hidratos de Carbono: quimicamente son cadeas de moléculas fomadas basicamente por carbono, hidróxeno e osíxeno. Estas cadeas de hidratos de carbono ou carbohidratos proveñen maioritariamente dos vexetais, que conteñen compostos como o amidón e o azucre.

O amidón encóntrase principalmente nos alimentos como o millo, o trigo, a cebada, o arroz, nos tubérculos (como a pataca) e nas leguminosas (como as ervellacas, fabas, etc.).

Os azucres se atopan na natureza nalgúns vexetais como a cana de azucre, a remolacha e nas froitas. Así a todo o seu consumo actualmente provén do uso directo de azucre refinado como edulcorante (adozante) en prostres, tortas, froitas en conserva, e especialmente nas bebidas gasosas.

Os hidratos de Carbono son basicamente unha fonte de enerxía para o corpo, de uso inmediato.

Os lípidos ou graxas: quimicamente son produtos que conteñen ácidos graxos, que poden ser saturados ou insaturados, o que ten importante efecto na saúde. Poden ser sólidos (como a manteiga, o queixo, etc.) ou líquidos como o aceite. Son a fonte de enerxía de longo prazo para o corpo, e para os vexetais. Por iso, a maioría das sementes, para sobrevivir, posúen abundantes lípidos, como as améndoas, as pebidas de marabilla e de uva.

As fibras: quimicamente posúen un alto contido de celulosa, un produto que o corpo non pode aproveitar (dixerir) pero teñen efectos positivos na parte mecánica da dixestión dos alimentos.

As vitaminas: son compostos químicos en xeral moi complexos, de distinta natureza, pero que teñen en común que cantidades asombrosamente pequenas son imprescindibles para o funcionamento do organismo. A ausencia dalgunhas vitaminas causa enfermidades que poden ser graves, e a inxesta de pequenísimas cantidades (miligramos) pode subsanar este problema. As cascas das froitas son unha fonte importante dalgunhas vitaminas.

Hábitos alimenticios humanos [editar]

Desenvolvemento histórico [editar]

Rueda de los alimentos.jpg
Alimentos

Pan - Pasta - Queixo - Arroz
Carnes - Sopas - Peixes - Mariscos
Auga - Leite - Patacas - Vexetais - Mel - Viño - Verduras - Froitas - Hortalizas - Legumes - Especias - Outros ingredientes
Receitas de cociña

Cociñas rexionais
Asia - Europa - Caribe
Sudeste asiático - Latino américa
Oriente medio - Norte de África - África - Galiza
Categoría: Gastronomía
Técnicas de preparación rexionais
Técnicas - Utensilios
Pesos e medidas
Vexa tamén:
Chefs famosos - Cociñas - Comidas diarias
Wikibooks: Cookbook

Os seres humanos son animais omnívoros capaces de consumir tanto produtos vexetais como animais. Evolucionaron de recolectores a cazadores recolectores. Logo da experiencia da Idade de Xeo é posible que os humanos quixesen crear unha sensación de seguridade administrando o crecemento de plantas e a reprodución de animais. Isto levou á agricultura e alterou o xeito en que os alimentos son obtidos.

Comidas [editar]

Unha selección de diferentes alimentos complementarios inxeridos en conxunto compoñen unha comida. A xente a miúdo elixe comer en compañía de membros da súa familia ou amigos e isto é xeralmente comprendido como un encontro social importante.

Produción e adquisición dos alimentos [editar]

A comida obtívose tradicionalmente polo cultivo, a pesca, a caza e outros métodos de subsistencia localmente importantes para algunhas poboacións aínda que desprezables para outras.

Actualmente, nas nacións desenvolvidas, a subministración de alimentos cada vez depende máis da agricultura intensiva, do cultivo industrial, da piscicultura ou doutras técnicas que aumentan as cantidades de alimentos producidos á vez que diminúen o seu custo. Estas técnicas á súa vez dependen do desenvolvemento de ferramentas mecanizadas, dende a máquina de mallar e a sementadora ata o tractor e a segadora malladora, etc. Estas ferramentas foron combinadas con pesticidas que aseguran o elevado rendemento de colleitas e combaten insectos ou mamíferos que prexudican a produción.

Tamén á modificación xenética das plantas comestibles (alimentos transxénicos), para facelas máis resistentes ás enfermidades e ós parasitos, á vez que máis produtivas. Estas técnicas son moi contestadas, pois deixan en mans das multinacionais a produción de sementes, á vez que se supón que a polinización cruzada de plantas naturais por plantas modificadas, pode altera-la calidade daquelas.

Actualmente percíbese unha tendencia crecente cara a prácticas agrícolas máis sostibles, que recorren a sistemas naturais de produción. Estes métodos, que se están estendendo grazas á demanda do consumo, estimulan a biodiversidade, a auto-seguridade local e o cultivo orgánico.

Véxase tamén [editar]