Cacao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cacao
Árbore do cacao
Árbore do cacao
Estado de conservación
Non ameazado
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malvales
Familia: Sterculiaceae
Xénero: Theobroma
Especie: Anxiosperma
Nome binomial
Theobroma cacao
L.

O cacao ou teobroma (Theobroma cacao L.) é unha árbore da familia Sterculiaceae que dá orixe ao froito chamado cacao.

Características[editar | editar a fonte]

Procede de América Central e do Brasil. Pode atinxir até 6 metros de altura, posúe dúas fases de produción: de cedo (marzo a agosto) e de temporada (setembro a febreiro). A propagación é por sementes, e é planta de clima quente e húmido, o solo ideal é o arxilo-areoso. Por ser unha planta umbrófila, vexeta ben en sub-bosques e matas rareadas sendo, polo tanto, un cultivo extremadamente conservacionista de solos, fauna e flora. Pouco mecanizado, é un cultivo que proporciona un alto grao de xeración de emprego. Encontrou no Sur da Bahia un dos mellores solos e clima para a súa expansión.

O estado da Bahia é o maior produtor do Brasil, porén a súa capacidade produtiva foi reducida até o 60% coa chegada da enfermidade chamada vasoira de bruxa, causada polo fungo fitopatoxenico Crinipellis perniciosa. Brasil entón pasou de país exportador de cacao a importador, non sendo completamente autosuficiente do produto.

A pesar da enfermidade, o cacao aínda constitúe unha grande alternativa económica para o sur da Bahia e posúe na CEPLAC [1] (Comisión Executiva do Plano da Lavoura Cacaueira) a súa base de investigación, educación e extensión rural. Co apoio do órgano, foron introfucidos cultivos clonais máis resistentes ao fungo, porén unha alternativa de control máis severo ao patóxeno aínda se fai necesaria. Esta alternativa pode vir cos resultados do Proxecto Xenoma Crinipellis perniciosa, que pretende estudar o xenoma do fungo e elaborar estratexias máis eficientes no seu control biolóxico. É unha iniciativa da CEPLAC que conta co apoio da EMBRAPA e de laboratorios en universidades da Bahia (UFBA, UESC e UEFS) e de São Paulo (UNICAMP).

Do cacao faise o chocolate, tras a moenda das súas améndoas secas, moídas en proceso industrial ou caseiro. Outros subprodutos do cacao inclúen a súa polpa, zume, xelea, destilados finos e sorbete.

Por plantarse á sombra da floresta o cacao foi responsábel da preservación de grandes corredores de bosque atlántico no sur do Estado da Bahia no Brasil.

Países produtores[editar | editar a fonte]

O cacao cultivase principalmente en África do Oeste, América Central, Sudamérica e Asia. Segundo a produción anual, recollida pola UNCTAD para o ano agrícola 2005/06, os oito maiores países produtores del mundo son (en orde descendente) Costa de Marfil 38%, Ghana 19%, Indonesia 13%, Nixeria 5%, Brasil 5%, Camerún 5%, Ecuador 4% e Malaisia 1%. Estes países representan o 90% da produción mundial.

Os principais produtores son tamén os maiores exportadores, coa excepción do Brasil e Malaisia, lugares onde o consumo interno absorbe a mayor parte da súa produción. Na América Latina, por exemplo, as exportacións de cacao da República Dominicana superan as do Brasil.

Curiosidades do cacao[editar | editar a fonte]

Froito do cacao, sección transversal, con sementes no interior
  • O cacao era considerado unha froita dada directamente polos deuses aos seres humanos pola civilización maia. E de tan importante que era, virou até moeda de troco. Nesa época na América latina non se facía do cacao o que coñecemos hoxe como chocolate.
  • Actualmente, mentres o chocolate move globalmente unha economía de 60 billóns de dólares/ano, os produtores de cacao fican apenas cun 3,3% da renda xerada. Así e todo, tamén hai comercio xusto onde se deixa aos produtores unha marxe maior de renda e tamén algúns outros servizos técnicos.
  • O Estado da Bahia produce cerca do 80% do cacao do Brasil (~5% do mundo). A rexión cacaueira da Mata Atlántica, ambiente con records en biodiversidade no planeta, con 476 diferentes especies vexetais por hectárea, rexistrados polo Xardín Botánico de Nova York, tamén pode chamarse a Floresta de Chocolate.
  • Alén dun bioma moi diverso en alto risco de extinción, a Mata Atlántica tamén é unha distinción de calidade, unha denominación de orixe do chocolate. As tradicionais facendas de cacao poden se transformar en Facendas de Chocolate [2], xerando econegocios, rendas adicionais que axudan a preservar a Floresta de Chocolate [3].
  • O PNUD-Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, adoptou o proxecto Facenda de Chocolate [4] como integrante das Metas do Milenio [5] da ONU.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]