Viveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Viveiro (homónimos).
Viveiro
Bandeira de Viveiro Escudo de Viveiro
LandroViveiro.jpg
Viveiro, visto dende o Monte San Roque
Situación
Situacion Viveiro.PNG
Xentilicio[1]: Viveirés - Viveirense - Vivariense
Xeografía
Provincia: Provincia de Lugo
Comarca: Mariña Occidental
Poboación: 16.211 hab. (2010)
Área: 109,3 km²
Densidade: 146,86 hab./km²
Entidades de poboación: Lugares de Viveiro
Capital do concello:
Política (2011)
Alcalde: Melchor Roel Rivas (PSdeG-PSOE)
Concelleiros: BNG: 3
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 6
Outros: iVi - 1
Eleccións municipais en Viveiro
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 93,87 %
Sitio web oficial
www.viveiro.es

Viveiro é un concello e unha cidade, situada na provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia. O mesmo tempo, está situado dentro da comarca da Mariña Occidental, da cal é a súa capital. Nela tamén se atopa a sede do partido xudicial número 6 da provincia.

O seu termo municipal está ubicado na rexión costeira da Mariña, ocupando unha superficie de 109,3 km². Este territorio sitúase no val formado polo río Landro, que se estende polo sur dende os pedemontes da Serra do Xistral, e que desemboca ó norte na ría de Viveiro, que é a de las unha das rías pertencentes a rexión das Rías Altas, que desembocan ó mar Cantábrico.

Con 16.211 habitantes, segundo o censo do IGE no 2010, Viveiro é o terceiro concello con máis poboación da provincia, por detrás de Lugo e de Monforte de Lemos. O mesmo tempo, é o termo municipal máis poboado da comarca, así como o centro de influenza dos concellos limítrofes. A poboación concentrase en tres núcleos principais: Viveiro, Covas e Cileiro, aínda que o crecemento urbanístico tende a unificación dos tres núcleos.

A fundación de Viveiro data da Idade do Ferro, como se pode ver nos numerosos xacementos arqueolóxicos de asentamentos celtas. A partires dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínde se conserva o seu casco antigo.

Viveiro dispón dun variado catálogo patrimonial, no que destacan os seus monumentos históricos de tipo civil e relixioso, o seu patrimonio artístico-cultural e o seu patrimonio natural. Así mesmo, as súas diversas festividades de interese turístico atraen a numerosos visitantes a cidade, entre as que destacan a Semana Santa de Viveiro, a Rapa das Bestas de Candaoso e a Romería do Naseiro, estando as tres consideradas como Festas de Interese Turístico Nacional.

Índice

[editar] Toponimia e xentilicio

O nome Viveiro procede do idioma latín, Vivarium. Dende un punto de vista etimolóxico, Vivarium significa un terreo onde se cultivan árbores e plantas o un lugar onde se manteñen ou se crían, dentro da auga, peces, moluscos e outros animais. Co paso dos séculos, este foise transformando en Vivario, Vivairo e Viveiro.

Non obstante, existen algúns historiadores, coma Boulet, que consideran que o nome Viveiro non procede do latín senón das linguas célticas, sendo unha composición das palabras Bi (montaña) e Ber (empinada), teoría esta que se reforza ó estar a localidade na falda de montañas empinadas. Así mesmo, en escritos antigos, xa se escribía con frecuencia Viveiro mediante as variacións, Bibero, Bivero e Vibero.[3]

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Viveirés, Viveirense ou Vivariense.

Debido a cooficialidade do castelán e do galego, existen varias formas de referirse os habitantes de Viveiro. A forma vivariense, é a forma culta, que procede do latín, Vivarium. Tamén se emprega a forma viveirense, que procede do topónimo oficial Viveiro. E por último, existe unha terceira forma, viveirés, que é a que se emprega no galego.

[editar] Símbolos de Viveiro

Representación do escudo heráldico de Viveiro.
Bandeira de Viveiro sen o escudo municipal.
Títulos

Viveiro ostenta a categoría histórica de cidade, cos títulos de «Moi noble e moi leal» e con tratamento de «Excelencia» para o seu concello. O concello de Viveiro, en sesión do 18 de juño de 1891, solicitou ó Ministro de Gobernación a concesión do título de cidade e o tratamento de «Excelencia» para o concello, basando esta súplica:

«[...]en los notables hechos que registra la historia de Vivero y en los eminentes servicios que a la Patria y a la Monarquía prestó esta antigua e importante villa real.»[4]

O 30 de xuño de 1891, a raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena, aceptou a petición de título de cidade e o tratamento de Excelencia, por medio dun Real Decreto promulgado na mesma data en Aranjuez, títulos que todavía conserva hoxe en día.

Escudo
Artigo principal: Escudo de Vivero.

O escudo heráldico municipal de Viveiro está composto dos seguintes elementos:

El escudo Vivero trae por armas, en el campo de gules, un puente de plata de cinco arcos, mazonado de sable, sostenido de fajado-ondeado de plata y azur, y sumado de león de oro coronado de lo mismo, y acompañado de cinco custodias de oro, con la sagrada forma de plata, puestas tres en jefe y una en cada flanco. Al timbre, corona real cerrada.
E. Chao Espina[5]
Bandeira

A bandeira municipal de Viveiro está composta de seis franxas horizontais de igual ancho entre sí. As súas cores son o azul e o branco, sendo la primeira franxa da parte superior en cor azul. O seu deseño é igual que no da Provincia marítima de Lugo, xa que séculos antes coñecíase como a Provincia marítima de Viveiro.

[editar] Historia

Poboamento orixinario das primeiras tribos que habitaron a franxa noroeste, recibiu o nome de Zoela. Durante a romanización foi empregado como campamento romano e ao final estabeleceuse a actual vila de Vivarium. No medievo foi un centro comercial de mediano tamaño que exportaba liño, viño e laranxas aos mercados dos Países Baixos (liño) e Gran Bretaña (viño e laranxas). Experimentou certa relevancia na Idade Moderna, aínda que o seu desenvolvemento nesa altura foi escaso.

No século XIX afúndese na ría a Fragata Santa María Magdalena, cando intentaba refuxiarse do vento norte no porto desta cidade. Esta traxedia causou unha forte conmoción na poboación, que contribuíu con víveres e roupa ás poucas persoas que sobreviviron. En recordo do sinistro construíuse un monumento ás persoas afogadas na praia de Covas.

Na actualidade, Viveiro é centro comercial e de lecer para a xente dos concellos limítrofes. Conta, ademais, cun importante porto pesqueiro situado na vila de Celeiro. Cun total de 90[6] buques censados, é na actualidade un dos portos máis importantes de Galiza. Esta frota compóñena embarcacións de baixura-artesanal, cerco, arrastre de litoral, volanta e arrastre do Gran Sol. A especie máis importante tanto por volume como por facturación é a pescada.

É capital da comarca administrativa da Mariña Occidental (Ver Mariña Luguesa)

[editar] Patrimonio

Porta de Carlos V, desde a Ponte da Misericordia

A Porta Maior, Porta de Carlos V ou Porta do Castelo, foi construída no ano 1548 para honrar o rei cando pasou por Viveiro. É de estilo plateresco e foi declarada Monumento Nacional en 1942. Unha inscrición sobre o arco indica que foi construída "Sendo correxedor o licenciado Canosa de Tordesillas"; a ambos os lados da porta ten os escudos da cidade; no corpo superior, un grande escudo do emperador Carlos I, co seu busto no frontón triangular. Dentro do arco, nunha furna, está a imaxe de San Roque, do século XVIII, que estivo na fachada da casa do Correxedor até 1867.

As outras dúas portas aínda existentes son a Porta do Valado, que conserva restos da primitiva muralla, e a Porta da Vila, en cuxo arco se garda unha imaxe de Cristo do século XVIII entre outras dúas da Virxe e San Xoán, do século XVI. A inscrición ERA MCCLV IN TEMPOR AF dá o ano 1217 como probábel para a súa construción.

A ponte da Misericordia, ou Ponte Maior, cruza a ría até Covas. Construíuse entre 1462 e 1544 e recebe o nome pola capela da Misericordia, construción renacentista (s. XVII) que se atopa no extremo sur. A ponte conserva dez arcos de pedra de cantería de medio punto, con luces de entre 6 e 7,8 m.

A Praza Maior está presidida polo monumento a Pastor Díaz, recentemente desprazada cara unha esquina.

A igrexa románica de Santa María do Campo (s. XII) ten na portada principal tres pares de columnas co tímpano liso. A torre das campás rematouse no século XVIII e a do reloxo no XIX. No século XV engadíuselle unha capela lateral, no XVI a sancristía e no XVIII a capela do Rosario.

Igrexa de San Francisco.

A Igrexa conventual de San Francisco tamén é Monumento Nacional. É gótica (s. XIV mais claustro do XVII). A ábsida ten ventanais altos e estreitos. Na capela gótica de Santo Ildefonso hai un retablo do século XIV. No muro esquerdo da nave atópase o sartego oxival da beata Constanza de Castro, filla de Pardo de Cela.

[editar] Festas

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Viveiro.

[editar] Lugares de Viveiro

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Viveiro vexa: Lugares de Viveiro.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Viveiro

Celeiro (Santiago) | Chavín (Santa María) | Covas (San Xoán) | Faro (San Xiao) | Galdo (Santa María) | Landrove (San Xiao) | Magazos (Santa María) | San Pedro de Viveiro (San Pedro) | Santo André de Boimente (Santo André) | Valcarría (Santo Estevo) | Vieiro (San Cibrao) | Viveiro (Santa María e Santiago)


[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. Estudios sobre la época céltica en Galicia.
  4. Actas de 1891 - Arquivo municipal de Viveiro
  5. Enrique Chao Espina, Libro y Guía de Vivero.
  6. http://www.cofradiaceleiro.com/gal/portoflota.asp

[editar] Véxase tamén


Concellos da Comarca da Mariña Occidental Comarca da Mariña Occidental
Cervo
Cervo
Ourol
Ourol
O Vicedo
O Vicedo
Viveiro
Viveiro
Xove
Xove
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas