O Carballiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Carballiño
Escudo de O Carballiño
Casa do Concello do Carballiño.JPG
Casa consistorial do Carballiño
Situación
Situacion O Carballiño.PNG
Xentilicio[1]: Carballiñés - Carballinense
Xeografía
Provincia: Provincia de Ourense
Comarca: Carballiño
Poboación: 14.145 hab. (2011)
Área: 54,4 km²
Densidade: 260,02 hab./km²
Entidades de poboación: 16 parroquias
Capital do concello: O Carballiño
Política (2011)
Alcalde: Argimiro Marnotes Fernández (PPdeG)
Concelleiros: BNG: 1
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 7
Outros: -
Eleccións municipais no Carballiño
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 95,10 %
Sitio web oficial
http://www.carballino.org/

O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca do Carballiño, á que dá nome. Segundo o INE en 2011 tiña 14.145 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballiñés ou carballinense.

Índice

[editar] Xeografía

Está rodeado pola serra do Faro e o val do río Avia. Pola vila pasa o principal río da comarca, o Arenteiro, do que son afluentes o Pedríña, Oseira e Marañao. Outros curso fluviais do concello son o Viñao, o Barbantiño e o Cardelle.

[editar] Demografía

O Carballiño é o cuarto concello máis poboado da provincia de Ourense.

Evolución da poboación de O Carballiño - desde 1900 ata 2010 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2010
 8.447  9.274  9.841  11.039  13.226  {{{6}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


[editar] Historia

A poboación do Carballiño naceu a mediados do século XVIII. Daquela o lugar pertencía á parroquia de Partovia, dependente da xurisdición do mesmo nome, e á súa vez dependente do mosteiro de Oseira. Comezou a celebrarse no lugar unha feira para acadar beneficios económicos, en contraposición a outras feiras celebradas nas xurisdicións da contorna, pertencentes ao Conde de Ribadavia e a outros mosteiros.

Aos poucos os feirantes fóronse asentando no lugar. A comezos do século XIX comezou a existir unha burguesía local. A botica dos Fernández deu aos seus propietarios cartos que foron investidos en diferentes eidos. A familia emparentouse con estirpes nobiliarias vidas a menos, e introduciuse na vida política liberal da comarca.

[editar] Cultura

No Carballiño celébranse as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga).

[editar] Festas

[editar] Deporte

O club máis importante da cidade é o Carballiño FS que milita na Primeira Nacional "A", a terceira categoría en importancia do fútbol sala español. O Carballiño FS é un dos clubs con máis afluencia de espectadores da categoría.

O Clube Deportivo Arenteiro é o club de fútbol da cidade e xoga na Rexional Preferente Sur de Galicia.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Lugares do Carballiño

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Carballiño vexa: Lugares do Carballiño.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Carballiño

Arcos (Santa María) | Banga (Santa Baia) | O Barón (San Fiz) | Cabanelas (San Xoán) | O Carballiño (San Cibrao) | Lobás (Santa Ouxea) | Longoseiros (Santa Mariña) | Madarnás (San Tomé) | Mesego (Santa María) | Mudelos (Santiago) | Partovia (Santiago) | A Piteira (San Miguel) | Ponte Veiga (San Lourenzo) | Sagra (San Martiño) | Señorín (San Roque) | Seoane de Arcos (San Xoán)


[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén


Concellos da Comarca do Carballiño Comarca do Carballiño
Beariz
Beariz
Boborás
Boborás
O Carballiño
O Carballiño
non temos escudo
O Irixo
Maside
Maside
non temos escudo
Piñor
non temos escudo
Punxín
non temos escudo
San Amaro
San Cristovo de Cea
San Cristovo de Cea
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas