Canle de Panamá
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A canle de Panamá é unha canle de navegación, localizada en Panamá, no punto máis estreito entre o mar Caribe e o océano Pacífico. Inaugurado o 15 de agosto de 1914, tivo un grande efecto ao diminuír a distancia e os tempos da comunicación marítima, o que provocou melloras económicas e comerciais durante case todo o século XX.
Proporciona unha vía de tránsito curta e relativamente barata entre estes dous grandes océanos, influíu considerablemente sobre os patróns do comercio mundial, impulsou o crecemento nos países desenvolvidos e deulle a moitas áreas do mundo o impulso básico que necesitan para a súa expansión económica. Por exemplo, un barco carboneiro que saia da costa oriental dos Estados Unidos en dirección ó Xapón pola canle de Panamá, aforra uns 4.800 km, en comparación coa alternativa mais curta dunha ruta marítima; un barco bananeiro que sae de Colombia en dirección a Europa, aforra unha distancia duns 9.000 km.
Índice |
[editar] Introdución
Na súa gran maioría, o tráfico da canle é o que liga a costa atlántica dos Estados Unidos e o oriente asiático, mentres que o tráfico entre Europa e a costa oeste dos Estados Unidos e Canadá constitúen a segunda rota principal. Porén, outras rexións e países de Centro e Sudamérica dependen proporcionalmente moito máis desta vital arteria para mellorar a súa economía e incrementar o comercio.
Dende a súa apertura, a canle proporcionou un servizo de tránsito de calidade a mais de 700.000 barcos. Aínda cando nos últimos a nos se produciu un aumento no número e tamaño dos barcos que o transitan, grazas á execución de melloras deseñadas para responder á demanda do tráfico, o tempo medio de permanencia dun barco nas súas augas segue sendo inferior ás 24 horas.
A República de Panamá asumiu a responsabilidade total da administración, funcionamento e mantemento da canle de Panamá o mediodía do 31 de decembro de 1999 (ver Tratado Torrijos-Carter). A entidade gobernamental, denominada Autoridade da Canle de Panamá (ACP), creada pola constitución panameña e regulada pola lei 19 do 11 de xuño de 1997, é a responsable da administración da canle. Conforme esta constitución a canle constitúe un patrimonio inalienable de Panamá, polo cal non pode ser vendido, nin cedido, nin hipotecado, nin, de ningún outro modo, gravado ou alleado. O réxime xurídico que se estableceu para a ACP, ten como obxectivo fundamental preservar as condicións de funcionamiento da canle.
Anualmente, invístense arredor de dez millóns de dólares en programas de adestramento do persoal de funcionamento e mantemento. Existe un servizo de reservas de tránsito que lles permite a unha cantidade limitada de naves garantir unha data de tránsito, ata cun ano de anticipación, por medio do pagamento dunha tarifa preferencial.
[editar] Datos
Durante a construción da canle elimináronse mais de 183 millóns de m³ de material orixinalmente escavado que, se se puxese nun tren de plataformas, daría a volta ó mundo catro veces.
O 7 de xaneiro de 1914, o barco-guindastre Alexander La Valle realizou o primeiro tránsito completo pola canle. Porén, non foi senón ata o 15 de agosto dese ano cando o vapor Ancón a inaugurou oficialmente. En 1928, Richard Halliburton nadou a canle, pagando unha peaxe de 0,36 dólares estadounidenses. A súa travesía de 10 días comezou o 14 de agosto e terminou o 23 dese mes. A canle funciona ininterrompidamente, día e noite, dende maio de 1963, cando se instalou un novo alumeado fluorescente no Corte Gaillard ou Culebra y las tres esclusas. En xaneiro de 1999, o buque de carga rodante Sisler conseguíu bater a marca de peaxes, ao pagar 184.114,80 dólares por cruzar a canle. O récord anterior tíñao en 165.235,58 dólares o cruceiro Rhapsody of the Seas, en abril de 1998.
Dende o punto de vista técnico, esta é unha magnífica obra de enxeñería e un dos maiores logros humanos. Do Atlántico ao Pacífico mide 80 quilómetros de longo; ten unha profundidade de 12,8 metros no Atlántico e de 13,7 metros no Pacífico; o largo é de 91 a 300 metros. Ten dous portos terminais, un en cada océano; tres xogos de esclusas xemelgas: Miraflores, Gatún e Pedro Miguel, e un dos maiores lagos artificiais do mundo: o Gatún, que cobre 425 kilómetros cadrados e se formouse por unha represa de terra construída no cauce do río Chagres.
[editar] Principais rotas que usan a canle
- Da costa leste dos Estados Unidos ao extremo oriente.
- Da costa leste dos Estados Unidos á costa oeste de Sudamérica.
- Dende Europa á costa oeste dos Estados Unidos e Canadá.
[editar] Principais produtos que transitan pola canle
[editar] Futuro
O 24 de maio de 2006, o presidente panameño Martín Torrijos Espino anunciou formalmente a proposta da ampliación da canle de Panamá, mediante a construción dun terceiro xogo de esclusas e o alargamento do cauce de navegación. As novas esclusas, unha no lado atlántico e outra no pacífico permitirán o paso de buques tamaño Post-Panamax, que ao superaren o tamaño Panamax, actualmente non poden navegar pola vía interoceánica. O custo aproximado desta operación conforme a Autoridade da Canle de Panamá (ACP), será de 5.250 millóns de dólares.
Recentes modificacións do regulamento interno da ACP e da Autoridade Nacional do Ambiente de Panamá (ANAM), eliminaron barreiras para estas esclusas, concedéndolle á propia canle a capacidade para decidir sobre o impacto ambiental da futura obra. O proxecto foi aprobado nun referendo, convocado o 16 de xullo de 2006 polo presidente Torrijos e que se levou a cabo o 22 de outubro de 2006. O 76,83% dos votos resultaron a favor do proxecto de ampliación e o 21,76% en contra, cunha abstención do 5,7%.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- sitio oficial da Autoridade da Canle de Panamá
- Canle de Panamáa en Megaconstrucións
- Podcast de Video Dende a canle
- Vídeo a alta velocidade sobre as operacións da canle.
- Webcams da Canle en vivo