Foz
| Foz | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio[1] | focego - focense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Lugo |
| Comarca | Comarca da Mariña Central |
| Poboación | 9990 hab. (2010) |
| Área | 100,3 km² |
| Densidade | 99,6 hab./km² |
| Entidades de poboación | 9 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Javier Jorge Castiñeira (PP) |
| Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 4 Outros: UNIFOZ 3 |
| Eleccións municipais en Foz | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 94,55% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.concellodefoz.es | |
Foz, do latín focem que á súa vez o fai de faucem, "gorxa, paso estreito, fauces", é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central, sendo a súa cidade máis poboada. Segundo o IGE no 2010 tiña 9.990 habitantes (9.754 no 2006, 9.664 no 2005, 9.619 no 2004, 9.591 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «focego» ou «focense».
Índice |
Poboación [editar]
| Evolución da poboación de Foz (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 6.514 | 7.824 | 8.216 | 8.795 | 9.619 | {{{6}}} | {{{7}}} | {{{8}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
| Censo Total | 9.978 |
| Menores de 15 anos | 1.169 (11.71%) |
| Entre 15 e 64 anos | 6.522 (65.36%) |
| Maiores de 65 anos | 2.287 (22.92%) |
Xeografía [editar]
Limita cos concellos de Burela, Barreiros Lourenzá, Mondoñedo, Valadouro, Alfoz e Cervo. Está situado na foz do río Masma, de onde lle vén o topónimo.
Na súa costa hai diversos areais, como a praia da Rapadoira, Llas, Peizás, Pampillosa, Arealonga, As Pólas, Os Xuncos e Areoura, todas elas Bandeira Azul da UE. Outras praias do concello son Fondás e a dos Alemáns.
Historia [editar]
Existen restos da cultura castrexa nos castros de Fazouro e Pena do Altar. A zona estaba poboada polos ártabros.
Durante o século IX a zona viviu un pulo por mor do establecemento da sé episcopal en San Martiño de Mondoñedo.
Nos inicios da Idade Moderna Foz contaba cun importante peirao e cun dos tres estaleiros máis importantes de Galicia, dedicado especialmente á construción de embarcacións para a captura de baleas.
Patrimonio [editar]
A Basílica de San Martiño de Mondoñedo é un templo de orixe prerrománica, sé durante moitos anos do bispado de Mondoñedo, e que se atopa en bo estado de conservación.
O castro de Fazouro é un poboado castrexo do século II a. C., situado á beira do mar, xunto a Arealonga.
O pazo do Conde de Fontao, en Santa Cilla.
Festas de interese [editar]
Amais da feira celebrada os martes, destacan as festas da Virxe do Carme (16 de xullo, patroa dos mariñeiros) e de San Lourenzo (10 de agosto). O sábado anterior ao luns de Pentecostés celébrase a romaría do Santo.
Economía [editar]
Foz é unha vila de tradición mariñeira. A fertilidade da comarca permite a existencia de diversas explotacións gandeiras e forestais. Na actualidade unha das principais actividades económicas é o turismo, debido á calidade das diversas praias que hai ao longo da costa.
Foz na cultura popular [editar]
- Pra facer ben a costeira,
- mariñeiriños rinlegos,
- pra botar contas, no porto,
- mariñeiriños focegos.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Foz.
Lugares de Foz [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Foz vexa: Lugares de Foz.
Parroquias [editar]
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén [editar]
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |