Santos
Coordenadas: 23°57′39″S 46°20′02″W / 23.96083°S 46.33389°W
| Santos | |
|---|---|
| Panorama de Santos | |
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Estado: | San Paulo |
| Xeografía | |
| Altitude: | 2 msnm |
| Superficie: | 280,3 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 417.098 hab. (2009) |
| Densidade de poboación: | 1.492,3 hab./km² |
| Xentilicio: | santista |
| Información | |
| Código postal: | 11000-001 a 11249-970 |
| Alcalde: | João Paulo Tavares Papa |
| Sitio na web: | Santos |
Santos é unha cidade do litoral do estado de Sao Paulo, dende sitúase o principal porto marítimo do Brasil e tamén da América Latina, o Porto de Santos. Está a 23° 58' de latitude sur e 46° 20' de lonxitude oeste, e a 70 km de distancia da capital do estado, a cidade de São Paulo, a cal se liga por dúas estradas: Rodovia Anchieta (máis antiga) e Rodovia dos Imigrantes (máis moderna). Para transporte de carga hai tamén dúas liñas de ferrocarril dirixíndose ó interior do estado e pasando pola capital. Tamén se liga coa cidade do Río de Xaneiro pola estrada Rio-Santos.
Uns 39 km² do municipio están na parte leste da illa de Sao Vicente, moi plana e xunto á costa, na cal concentrase a maioría de súa poboación. Os máis de 230 km² situados no continente son pouco poboados e posúen reservas ecolóxicas de Mata Atlántica.
Santos vive de seu porto, do turismo, de algunhas industrias importantes, e ten un variado comercio, bancos e servizos. No verán no hemisferio sur (decembro ata febreiro) o movemento de turistas - principalmente da capital e das cidades do interior do estado - crece moito, pero decrece despois, ata o mes de xullo, que e o segundo período de vacacións escolares no Brasil. Moitos xubilados que traballaron na capital do estado múdanse para Santos despois da xubilación. Así, as persoas de máis de 65 anos representan hoxe case 20 % da súa poboación total.
O Santos Futebol Clube é o principal equipo da cidade, onde se destacou o máis coñecido xogador brasileiro de fútbol de todos os tempos: Edson Arantes do Nascimento. A súa alcuña: Pelé.