Avión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avión
Escudo de Avión
Avión4.JPG
Avión
Situación
Situacion Avión.PNG
Xentilicio[1]: Avionense (non oficial)
Xeografía
Provincia: Provincia de Ourense
Comarca: Ribeiro
Poboación: 2.610 hab. (2009)
Área: 120,5 km²
Densidade: 22,11 hab./km²
Entidades de poboación: 36
Capital do concello: Avión
Política (2011)
Alcalde: Antonio Montero Fernández (PPdeG)
Concelleiros: BNG: 1
PPdeG: 10
PSdeG-PSOE: 0
Outros: -
Eleccións municipais en Avión
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 97,71 %
Sitio web oficial
www.concelloavion.org
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Avión (homónimos).

Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o INE a súa poboación no ano 2010 era de 2.561 habitantes (2.730 no 2006, 2.780 no 2005, 2.804 no 2004, 2.881 no 2003).

Evolución da poboación de Avión - desde 1900 ata 2009 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009
 4.923  5.186  5.450  4.120  2.804  2.561
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Censo Total 2.610
Menores de 15 anos 143 (5.48%)
Entre 15 e 64 anos 1.457 (55.82%)
Maiores de 65 anos 1.010 (38.7%)

Índice

[editar] Etimoloxía do topónimo

O seu nome procede do veciño río Avia, e nada tén que ver con aparellos voadores.

[editar] Xeografía

Sitúase no noroeste da comarca do Ribeiro. Limita ao norte con Beariz, ao sur con Carballeda de Avia, ao leste con Boborás e Leiro, e ao oeste cos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.

É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude. Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.

A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.

O clima de Avión ven condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro. Na zona intermedia entre a montaña e os vales pode decirse que aparece un tipo de clima continental. O observatorio de Amiudal, a 553 m de altitude, rexistra unhas medias aproximadas de 5,5 ºC en xaneiro e 19 ºC en xullo.

[editar] Historia

No século XI Avión correspondía ao territorio xurisdiccional do Metropolitano de Braga, recoñecido en 1010 polos bispos de Mondoñedo, Astorga, Lugo, Tui, Ourense, Lamego, Coimbra, Porto e Viseu. Porén, esa dependencia non debeu durar máis alá da implantación da Monarquía en Portugal en 1139.

En 1150, debido a unha competencia sobre límites das dioceses entre os prelados de Oviedo, Ourense e Astorga, o Papa Uxío III encomendoulle a resolución do conflito a Afonso VII de Castela. O rei dispuxo o 1 de marzo dese mesmo ano, que o Bispo de Oviedo cedese ao de Ourense a parte diocesana da Limia, desde o monte de Padrón ata Donia, e desde o río Azor até o Arnoia até a súa desembocadura no Miño; até Barroso coas igrexas de Petrayn e as de Castela; a de Orcellón; as igrexas de Avia e de Avión.

En 1156 o Bispo de Ourense e o Cabido de Tui fixeron unha partición de igrexas das súas dioceses, na que figura o arciprestado de Novoa e Avión; segundo isto, parte do territorio de Novoa e Avión (mais non Ribadavia), pertencían xa a aquela diocese, e a outra parte do territorio, chamada terras de Avia e Avión, formaba parte da diocese de Ourense. En 1215 chega a Orde do Temple a Avión, á igrexa de San Andrés de Abelenda.

En 1375 instáurase o señorío dos Sarmiento, condes de Ribadavia. A súa xurisdición abarcaba as freguesías de Avión, Abelenda, Amiudal, Barroso, Nieva, Couso (que compartía co mosteiro de Melón) e Córcores. Todas elas debían pagar o tributo da "fumaza" ou "fogaza", abolido por Isabel II en 1837.

[editar] Lugares

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Avión vexa: Lugares de Avión.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Avión

Abelenda (Santa Mariña) | Amiudal (Santiago) | Avión (Santos Xusto e Pastor) | Baíste (Santa María) | Barroso (Santa Baia) | Córcores (Santa Mariña) | Cortegazas (Santo Antonio) | Couso (Santa María) | Nieva (Santa María)


[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:


Concellos da Comarca do Ribeiro Comarca do Ribeiro
Arnoia
Arnoia
Avión
Avión
Beade
Beade
Carballeda de Avia
Carballeda de Avia
Castrelo de Miño
Castrelo de Miño
Cenlle
Cenlle
Cortegada
Cortegada
Leiro
Leiro
Melón
Melón
Ribadavia
Ribadavia
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas