Petín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°23′N 7°7′W / 42.383°N 7.117°W / 42.383; -7.117

Petín
Escudo de Petín
Casa concello Petín.jpg

Casa do concello.
Situacion Petín.PNG
Situación
Xentilicio[1] petinés
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Comarca de Valdeorras
Poboación 1.030 hab. (2009)
Área 30,5 km²
Densidade 33,77 hab./km²
Entidades de poboación 6 parroquias
Política (2011)
Alcalde Miguel Bautista Carballo
Concelleiros BNG: 0
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 6
Outros: -
Eleccións municipais en Petín
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 51,70%
Na rede
petin.es

Petín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. A súa poboación en 2009 era de 1.030 persoas, segundo o padrón municipal de habitantes (1.099 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «petinés».

Evolución da poboación de Petín (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 2.568  2.887  2.669  1.817  1.095  1.030  {{{7}}}  {{{8}}}  {{{9}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

Abarca unha superficie de 30,47 km². Limita ao norte cos concellos da Rúa e Vilamartín de Valdeorras, ao leste co Barco de Valdeorras, ao sur co Bolo e A Veiga e ao oeste con Larouco.

Sitúase no val do río Sil, ao pé da serra do Eixe. A zona repártese entre os climas oceánico mediterráneo e oceánico atlántico de transición. A temperatura media anual é de 15,6 °C, e as precipitacións de 763 mm, cunha distribución estacional que provoca unha acusada sequía estival. O punto de maior altitude é o cumio da Pena, de 1.378 m.

Está comunicada pola vía ferrea entre Palencia e A Coruña, a estrada N-120 entre Vigo e Logroño, e a OU-533 que comunica con Viana do Bolo e A Gudiña.

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo Total (Habitantes) 982
Menores de 15 anos 71 (7.23 %)
Entre 15 e 64 anos 619 (63.03 %)
Maiores de 65 anos 292 (29.73 %)

Historia[editar | editar a fonte]

A historia coñecida do concello comeza co poboamento do pobo castrexo dos Cigurris ou Gigurris. A súa riqueza mineira, principalmente aurífera, atraeu os romanos, que dominaron aos anteriores poboadores, romanizando os seus castros a partir do século I a. C.

A orixe do topónimo esperta debate. Uns historiadores defenden a base no étimo Petinius, posible xerarca romano. Outros relaciónano con Pilon ou "pedra cravada", debido aos miliarios da Vía Nova.

Coa chegada dos pobos xermánicos á Gallaecia a principios do século V chegou a cristianización da zona, se ben non quedan moitos vestixios nin dos suevos nin dos visigodos. Nesa época formou parte da diocese de Ourense, se ben trala breve ocupación islámica pasaron á diocese de Astorga.

A existencia de Petín documéntase por primeira vez no escrito do ano 1090 na caída do mosteiro de San Pedro de Montes.

O sistema feudal estivo presenta a través da familia Froilaz, e posteriormente dos Castro, condes de Lemos. No século XIV, trala guerra civil entre Pedro I e o seu medio irmán Henrique, gañada por este último, Valdeorras pasa, durante uns poucos anos, a mans dun nobre que vendería esta xurisdición aos Sarmiento, condes de Ribadavia.

Guerra da independencia[editar | editar a fonte]

A Guerra da Independencia Española tivo certa relevancia en Valdeorras. Entre o 1 e o 14 de xaneiro de 1809 as tropas inglesas mandadas por Crawford e Von Alten, seguidas polas españolas mandadas polo Marqués de la Romana, pasaran cara ao interior de Galiza fuxindo da persecución das tropas francesas. Do 15 de xaneiro ao 1 de febreiro algunhas tropas francesas mandadas polo xeneral Marchand atravesaron a comarca en persecución das do Marqués de la Romana. O groso do exército francés que invadiu Galicia seguiu o camiño francés que facían os peregrinos para chegar a Santiago de Compostela. Os valdeorreses alzáronse contra os franceses, e producíronse as primeiras accións guerrilleiras sobre convois e escuadróns franceses. Na ponte de Petín tiveron certa relevancia as mozas, que protagonizaron unha valerosa acción, xa que foron elas, as que acoitelaron aos soldados franceses coa maior bravura, durante todo un día dende as nove da mañá ata o escurecer causándolles moitas perdas. En xuño produciuse a fuxida e retirada das tropas francesas mandadas polo Xeneral Soult, saqueando e incendiando reiteradamente.

As tropas francesas foron acosadas polos paisanos nos codos e revoltas do río Bibei, recuperando o botín de armas, cabalos e maletas.

O Xeneral Soult ordenou unha dura represalia, executandoa Loison e Delaborde. Na Rúa acamparon xunto á ermida de San Roque durante oito días, e dende aquí organizaron correrías de castigo e o saqueo das parroquias de Mones, Santa María de Mones, San Paio e a casa do Mancebo de Outeiro, onde un criado aparentando ser tolo, emborrachou aos soldados franceses e apoderouse dos seus documentos. Os paisanos que permanecían á esculca caeron inesperadamente sobre eles causando unha gran carnicería. Os franceses acabaron queimando 43 casas en Petín. As represalias saldáronse coa morte de moitos valdeorreses, pero non foi indiscriminada xa que entre os mortos non figuraban nenos.

As accións de guerra en Valdeorras non foron protagonizadas por un exército regular español, senón polos paisanos impulsados polos membros do baixo clero secular valdeorrés, destacando Xosé Ramón Quiroga Uria, abade de Casoio convertido no comandante da guerrilla popular. As deficientes condicións de vida en xeral agravadas polas tropas francesas puido ser a causa de tan alta mortalidade, pois unha das consecuencias da guerra foi o aumento da pobreza durante bastantes anos. O 16 de outubro de 1818, 90 comisionados das aldeas de xurisdición de Valdeorras, entre eles Mones, Petín, Santa María de Mones e Santoalla do Monte, reunidos en Vilamartín protestan ante o escribano Manuel de Flon e din: "Que esta repetida xurisdición se acha moi pobre con motivo dos escalabros da última guerra con Francia, e estárselle debendo pola Real Hacienda máis dun millón de reais subministros á tropas. Piden que lles exoneren do pago do soldo ao Alcalde Maior (cincocentos ducados anuais), que non poden pagar sen moito detrimento das súas curtas facultades".

Inicialmente naceu como concello de Freixido, pero en 1835 tomou a actual denominación.

Na primeira metade do século XX a poboación emigra especialmente cara a Cuba e Buenos Aires, e dentro da península a Barcelona. En 1924 os ausentes representan o 45,67% da poboación.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O castro de Mones é un poboado castrexo.

Ponte da Cigarrosa.

A ponte da Cigarrosa, pertencente á vía XVIII ou Vía Nova do itinerario de Antonino, foi construída durante o reinado de Tito e Domiciano, para unir Braga con Astorga. A ponte consta de cinco arcos de luz variable, separados por catro piares con tallamares triangulares augas arriba, e dous tallamares augas abaixo. Catro dos arcos son apuntados, mentres que o arco segundo, que é o de maior luz, é de medio punto. O quinto arco está moi reformado, xa que foi recuberto de formigón respectando a primitiva forma apuntada ao construír o encoro de San Martiño. Pola contra, o terceiro arco ten moi pouca luz comparado cos demais arcos. Os tallamares son triangulares-apiramidados pero, debido ás sucesivas restauracións que sufriu a ponte, amosan unha acusada desigualdade, non só no trazado senón tamén da fábrica construtiva.

Entre os monumentos relixiosos destacan a ermida de Portomourisco e as igrexas de San Miguel e Santa María de Mones.

A ponte de Portomourisco, sobre o río Xares, foi construído para facilitar o acceso aos peregrinos cara á ermida da Virxe das Ermidas. É de pedra de sillería ben labrada, cun só arco moi amplo. Mide 122 pés de longo, 16 de ancho e 24 de alto. Os construtores foron os mestres Manuel de Lastra e Alonso Sánchez. As obras leváronse a cabo entre setembro de 1702 e decembro de 1703, cun custo total de 29.685 reais de vellón.

Na casa familiar dos Quiroga, situada na praza maior da vila, viviu e pasou consulta o médico Xosé Quiroga, apreciado na zona polos coñecementos médicos e polo trato humano. O seu fillo, Xosé Quiroga Suárez, foi o primeiro presidente da Preautonomía Galega, e fillo predilecto de Petín.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Petín.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Petín

Freixido (Sagrado Corazón de Xesús) | Mones (San Miguel) | Petín (Santiago) | Portomourisco (San Vítor) | Santa María de Mones (Santa María) | Santoalla do Monte (Santa Oalla)

Lugares de Petín[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Petín vexa: Lugares de Petín.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Petín Modificar a ligazón no Wikidata


Concellos da Comarca de Valdeorras Comarca de Valdeorras
O Barco de Valdeorras
O Barco de Valdeorras
O Bolo
O Bolo
Carballeda de Valdeorras
Carballeda de Valdeorras
Larouco
Larouco
Petín
Petín
A Rúa
A Rúa
Rubiá
Rubiá
A Veiga
A Veiga
Vilamartín de Valdeorras
Vilamartín de Valdeorras