Literatura
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Que é literatura?
O vocábulo literatura procede do latín LITTERATTURA, que significaba “a letra do alfabeto”. Semella patente que o termo está vencellado pola súa etimoloxía á escrita, a aquilo -se ben non ocorre o mesmo en alemán (Wortkunst) e ruso (slovesnóst)- que está impreso.
A primeira dificultade para comprendermos o vocábulo procede do feito de que hoxe empregamos esta palabra para nos referirmos á literatura oral de fontes tradicionais e populares polo que podemos deducir que o concepto que atesoura o termo “literatura” sufriu unha considerable evolución histórica.
A segunda dificultade, expresada por Escarpit en ‘’Le littéraire et le social’‘, débese a escasa precisión da palabra, pois pode significar o mundo das letras, a arte do escribir, as obras literarias dunha época, as obras literarias dunha corrente ou escritor, a arte presente en obras populares non escritas,...
O único xeito de definirmos o que é literatura é comprendermos as peculiaridades que ten a linguaxe literaria e contrapola á linguaxe científica e á linguaxe cotiá.
Unha simple ollada a este cadro permítenos diferenciar o que é linguaxe literaria e linguaxe científica:
Moito máis complicado é distinguir a linguaxe literaria e a linguaxe cotiá, pois esta comprende actos de fala moi variados (xergas, fraseoloxía oficial, conversación, pregarias, linguaxe amorosa,...). Moitas das características da linguaxe literaria xa expresadas resultan válidas tamén para a linguaxe cotiá.
Salvando que a linguaxe literaria tenta frecuentemente reproducir timidamente mediante signos de interrogación, exclamación, puntos suspensivos e outros procedementos as características paralingüísticas, cinésicas e proxémicas da linguaxe oral, poderiamos facer unha primeira distición baseada en que, agás no simbolismo fónico das onomatopeas na linguaxe cotiá non hai conciencia dos signos.
As marxes entre estas dúas linguaxes, segundo René Wellek e Austin Warren, non son de índole cualitativa, senón, máis ben, unha apreciación cuantitativa: Os recursos da linguaxe explótanse na linguaxe literaria moito máis deliberada e sistematicamente: A linguaxe poética organiza, tensa os recursos da linguaxe cotiá e ás veces chega a facerlles violencia esforzándose en esperta-la nosa conciencia e provoca-la nosa atención. Moitos destes recursos encóntraos o escritor formados e performados pola obra calada e anónima de moitas xeracións.[1]
A isto hai que engadir que a literatura é ficción, fantasía. Mesmo unha novela histórica, na cal semella darse información sobre sucesos reais, dista moito de ser un ensaio ou un tratado histórico sobre unha época concreta. A ficción é unha característica inherente á comunicación literaria
[editar] Xéneros literarios
[editar] Notas
- ↑ RENÉ WELLEK e AUSTIN WARREN: Teoría literaria. Gredos. 1981. Páx 29
[editar] Véxase tamén
- Lista de autores
- Escolas da Literatura Brasileira
- Escolas da Literatura Galega
- Escolas da Literatura Portuguesa
[editar] Bibliografía
- ALBADALEJO, TOMÁS: Retórica, Ed. Síntesis. Madrid, 1989.
- GARCÍA BERRIO, ANTONIO e HERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, TERESA: La poética: Tradición y modernidad, Ed. Síntesis, Madrid, 1988
- DUCROT, OSWALD e TODOROV, TZUETAN: Diccionario Enciclopédico de las Ciencias del Lenguaje, Ed. Siglo XXI, Madrid, 1983
- ALONSO, A: Materia y forma en poesía, Madrid. Gredos. 1969
- ALONSO, A.: Poesía española. Madrid. Gredos. 1981
- ANTAS, D: Auxiliar para el comentario de textos literarios. Barcelona. PPV 1987
- BOUSONTO, C: Teoría de la expresión poética. Madrid-Gredos. 1984
- FERNÁNDEZ, PH: Estilística. Madrid, Porrúa Turanzas SA. 1984
- JAKOBSON, R: Questions de poetique. París. 1984
- KAYSER, W: Interpretación y análisis de la obra literaria. Madrid. Gredos. 1989
- MARCHESE & FORRADELLAS: Diccionario de retórica, crítica y terminología literaria. Ariel. 1989
- RODRÍGUEZ ALONSO, MANUEL: Lingua galega e literatura 1. SM. 2008
- WELLEK, RENÉ & WARREN, AUSTIN: Teoría literaria. Gredos. 1966
[editar] Ligazóns externas
- wikt:literatura
- Informes de Literatura Galega
- Dicionario de Termos Literarios en liña
- Biblioteca Virtual de literatura universal en galego
- Biblioteca Virtual Galega
- Literatura na Enciclopedia Universal en Español
- Biblioteca Nacional
- Biblioteca Virtual do Estudante de Língua Portuguesa
- Project Gutenberg
- Virtual Books
- Gruppo04
| Wikisource ofrece acceso ao texto de algunhas obras literarias |
| Wikibooks ten un libro sobre Literatura |