Forcarei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Forcarei
Bandeira de Forcarei Escudo de Forcarei
Concelloforcarei.jpg
Casa do Concello
Situación
Situacion Forcarei.PNG
Xentilicio[1]: Forcaricense
Xeografía
Provincia: Provincia de Pontevedra
Comarca: Tabeirós - Terra de Montes
Poboación: 4.044 hab. (2011)
Área: 168,4 km²
Densidade: 24,01 hab./km²
Entidades de poboación: 13 parroquias
Capital do concello: Forcarei
Política (2011)
Alcalde: Belén Cachafeiro (PPdeG)
Concelleiros: BNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 4
Outros: -
Eleccións municipais en Forcarei
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 98,57 %
Sitio web oficial
[1]

Forcarei é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en en 2010 tiña 4.108 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Forcaricense.


Índice

[editar] Xeografía

Forcarei é un concello situado ao norte da provincia, linda cos concellos de Cerdedo, Silleda, A Estrada, Lalín, Beariz e A Lama.

Evolución da poboación de Forcarei - desde 1900 ata 2009 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009
  7.751   8.987   9.040  7.114   4.616   4.108
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Censo Total 4.108
Menores de 15 anos 332 (8.08%)
Entre 15 e 64 anos 2.242 (54.58%)
Maiores de 65 anos 1.534 (37.34%)

Evolución da poboación de Forcarei dende 1900:

[editar] Historia

En 1833 creouse o concello de Forcarei, se ben entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.

[editar] Patrimonio

Na capital municipal atópase a igrexa parroquial, dedicada a san Martiño. É obra de finais do século XVIII, do mestre canteiro Pedro Varela e o mestre asentador Pedro Gutiérrez. Orixinalmente era de planta de cruz latina pero en 1961 o arquitecto Javier García Santoro ampliou o brazo dereito. A única decoración da fachada, de estilo neoclásico, é unha pequena imaxe da Virxe nunha fornela sobre a porta. Á esquerda da fachada érguese a torre campanario, de sección cadrangular no primeiro corpo e octogonal no segundo, e rematada nunha pequena cúpula.

Nas escaleiras de acceso á igrexa atópase un cruceiro construído a finais do XIX por Xosé Ferreiro. Este cruceiro estaba situado no centro da praza pero foi trasladado cando se acometeu a remodelación da praza e a construción do edificio do concello.

A Casa do Concello foi proxectada polo arquitecto pontevedrés César Portela.

Na parroquia de Santa María de Aciveiro sitúase o Mosteiro de Santa María de Aciveiro que ocupou un papel fundamental na rexión desde a súa constitución no século XII ata o ano 1893. Na actualidade é un Hostal Monumento co nome de Hospedería de San Gonzalo das Penas.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Forcarei.

[editar] Lugares de Forcarei

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Forcarei vexa: Lugares de Forcarei.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Forcarei

Aciveiro (Santa María) | Castrelo (Santa Mariña) | Dúas Igrexas (Santa María) | Forcarei (San Martiño) | A Madanela de Montes (Santa María Madanela) | Meavía (San Xoán) | Millarada (San Amedio) | Pardesoa (Santiago) | Pereira (San Bartolomeu) | Quintillán (San Pedro) | San Miguel de Presqueiras (San Miguel) | Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña) | Ventoxo (San Nicolao)

[editar] Turismo

Forcarei conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 100 "Sendeiro Natural Aciveiro - Candán".

É unha ruta sendeirista circular de 15 km con principio e fin no coñecido Mosteiro de Aciveiro.

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


Concellos da Comarca de Tabeirós - Terra de Montes Comarca de Tabeirós – Terra de Montes
Cerdedo
Cerdedo
A Estrada
A Estrada
Forcarei
Forcarei


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas