Montevideo
Coordenadas: 34°53′1″S 56°10′55″W / 34.88361°S 56.18194°W
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2010.) |
| Montevideo | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Departamento: | Departamento de Montevideo |
| Xeografía | |
| Altitude: | 43 msnm |
| Superficie: | 525,54 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 1.338.408 hab. (2009) |
| Densidade de poboación: | 6.523 hab/km² |
| Xentilicio: | montevideano/a |
| Información | |
| Código postal: | 11#00 & 12#00 |
| Alcalde: | Hyara Rodríguez |
| Sitio na web: | Intendencia Municipal de Montevideo |
Montevideo é a capital e cidade máis grande de Uruguai. É ademais sede administrativa de Mercosur.
Índice |
Xeografía[editar]
Montevideo é a capital máis austral de América do Sur, situada a 34º 53' de latitude sur e 56º 10' de lonxitude oeste. Localízase na zona sur do país, con costas sobre o Río da Plata, dentro do departamento homónimo. Posúe unha superficie de 530 km² (onde aproximadamente o 60% é área rural e o restante 40% área urbanizada ou potencialmente apta para urbanizar). A súa máxima elevación é o Cerro de Montevideo, con 132 metros de altura.
Demografía[editar]
Posúe unha poboación de 1.330.405 habitantes (1996) e unha densidade de 2.510,2 hab./km². Considerando a súa área metropolitana, Montevideo chega ós 1.668.335 habitantes, aproximadamente a metade da poboación total do país. O xentilicio para os seus habitantes é montevideano/a.
Historia[editar]
Entre 1860 e 1683, para desafiar a soberanía española na rexión, os colonizadores portugueses de Brasil estableceron diversos asentamentos sobre as costas do Río da Plata, fronte a Bos Aires, como a Nova Colonia do Sacramento. Con todo, os españois non efectuaron ningún intento para desaloxar ós portugueses ata 1723, cando estes comezaron a fortificar as alturas que rodean a baía de Montevideo. Unha expedición española provinte de Bos Aires, organizada polo gobernador español nesa cidade, Bruno Mauricio de Zabala, obrigou ós portugueses a abandonar o lugar no que os españois comezaron a poboar a nova cidade. O 20 de decembro de 1726 confeccionouse un padrón de habitantes, e finalmente o 24 de decembro trazouse un plano delineatorio da cidade e designouse como "San Felipe e Santiago de Montevideo", nome que posteriormente sería abreviado en Montevideo. No 1828, a cidade converteuse na capital de Uruguai.
Orixe do nome[editar]
Existen polo menos dúas explicacións acerca da orixe do nome Montevideo: a primeira afirma que o nome provén da expresión en portugués "Monte vide eu", que significa "Eu vin o monte", frase pronunciada por un mariño anónimo pertencente a excursión de Fernão de Magalhães ó divisar o Cerro de Montevideo. A segunda di que os españois anotaron a situación xeográfica nun mapa como "Monte VI De Este a Oeste".