Cólera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Bacteria Vibrio cholerae

O cólera é unha enfermidade infecciosa que decote se presenta como unha epidemia, causada pola bacteria Vibrio cholerae. A enfermidade, orixinaria de Asia, concretamente do delta do río GanXes, estendeuse dende finais do século XIX por todo o mundo. Os portos marítimos foron a vía de entrada habitual da enfermidade. Robert Koch identificou a bacteria Vibrio cholerae como causa do cólera o ano 1883. Trátase dunha protobacteria en forma de coma. Hai formas clínicas distintas, algunhas de alta mortalidade e outras máis benignas.