Imperio do Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imperio do Brasil

1822–1889
 

Bandeira Escudo
Lema: Independência ou Morte!
Himno: Hino da Independência (1822-1831)

Hino Nacional Brasileiro (1831-1889)
Capital Río de Xaneiro
Lingua Portugués
Relixión Catolicismo
Goberno Monarquía constitucional
Emperador
 • 1822–1831 Pedro I
 • 1831–1889 Pedro II
Historia
 • Independencia 7 de setembro de 1822
 • Acceso Pedro I 12 de outubro de 1822
 • Acceso Pedro II 7 de abril de 1831
 • Abolición escravitude 13 de maio de 1888
 • Abolición 15 de novembro de 1889
Superficie
 • 1823 8.300.000 km²
Poboación
 • 1823 est. 4.000.000 
     Densidade 0,5/km²
 • 1889 est. 14.333.915 
     Densidade 1,7/km²
Moeda Real brasileiro

O Imperio do Brasil foi o Estado brasileiro existente entre 1822 e 1889, sendo o seu sistema político unha monarquía constitucional parlamentarista rexido pola constitución do Imperio do Brasil de 1824, a primeira do país. A cabeza do goberno era o Emperador, pertencente á coñecida como Casa Imperial do Brasil, unha ramificación da Casa de Bragança.

Historia[editar | editar a fonte]

O Imperio foi fundado trala declaración de independencia ante o Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve o 7 de setembro de 1822 por D. Pedro de Alcântara, até entón Príncipe Real do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve e representante do seu pai, o Rei Don Xoán VI, no Brasil. A fin do Imperio chegou tralo golpe de Estado militar que instaurou a República presidencialista o 15 de novembro de 1889.