Celanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°09′6.55″N 07°57′24.85″W / 42.1518194°N 7.9569028°W / 42.1518194; -7.9569028

Celanova
Casa do concello de Celanova - Galiza.jpg
Casa do concello.
Situación
Situacion Celanova.PNG
Xentilicio[1] Celanovés
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Terra de Celanova
Poboación 5.949 hab. (2010)
Área 67,3 km²
Densidade 90,27 hab./km²
Entidades de poboación 18 parroquias
Capital do concello Celanova
Política (2011)
Alcalde Antonio Mouriño Villar (PPdeG)
Concelleiros BNG: 3
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 3
Outros: 0 -
Eleccións municipais en Celanova
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 96,12 %
Sitio web oficial
http://www.concellodecelanova.com

Celanova é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Limita ó norte cos concellos de Cartelle e A Merca, ó sur con Verea, ó leste coa Bola, e ó oeste con Ramirás e Quintela de Leirado. O concello ten 18 parroquias e 133 entidades de poboación.

Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2010 era de 5.949 persoas (6.020 en 2009). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é celanovés.

Evolución da poboación de Celanova - desde 1900 ata 2011 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011
 4.895  7.314  7.845  8.053  6.079  5.949  {{{7}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Xeografía

[editar] Situación

O concello de Celanova está situado no oeste da provincia ourensá ao sur da capital da provincia, Ourense. Á espera da construción da autovía Ourense-Celanova[3], está comunicado coa capital ourensá pola N-540 que no sentido inverso serve de enlace coa fronteira de Portugal. Ademais tamén se comunica con Xinzo de Limia pola OU-531 atravesando o Monte do Furriolo.

Algúns datos xeográficos son: altitude: 530 msnm / latitude: 42º 09' N / lonxitude: 007º 58' O / superficie: 67,3 km²

[editar] Orografía

No que se refire á cunca natural propia do municipio, Celanova identifícase por ser unha zona de media montaña, con dúas unidades morfolóxicas perfectamente diferenciadas que teñen o seu punto de inflexión na capital do concello a uns 525 metros de altitude. A metade suroccidental, por riba desa cota, é a que alcanza as máximas elevacións, coa Casa da Neve como punto álxido. Pola contra, a metade nororiental, máis poboada, raramente supera os 500 metros de altitude o cal xunto co ríos Sorga e Arnoia, da lugar a unha val agrario moi productivo[4].

[editar] Hidrografía

Os ríos máis importantes que regan o concello son o río Tuño polo suroeste e os ríos Sorga e Arnoia polo norleste. Estes tres ríos nútrense dunha abundante rede de pequenos afluentes e regatos que fai deste concello unha zona rica en auga. Como símbolo desta riqueza a capital do municipio é atravesada por un pequeno regato coñecido co nome de regato da serra o cal baña as antigas terras do Mosteiro de San Salvador.

[editar] Clima

Chove pouco (772 mm, cun mínimo no verán de 66 mm). A oscilación térmica é grande: 24 °C, entre os 7 °C de Xaneiro e os 21 °C de Xullo.

[editar] Demografía

Ao longo da súa historia a poboación do concello de Celanova sempre estivo relacionada co Mosteiro de San Salvador que preside a vila. Neste último século a poboación sufriu variacións constantes xa que a partir da segunda década do século XX o número de habitantes do concello comezou a aumentar ata conseguir ser, en 1940, o segundo concello da provincia en número de habitantes[5]. Despois deste punto, o número de habitantes empezou a sufrir un descenso pronunciado que aínda se mantén na actualidade.

[editar] Historia

En 936 San Rosendo fundou o Mosteiro de San Salvador de Celanova, ao que se lle foron outorgando numerosas doazóns e privilexios. No século XI era o máis poderoso e os seus dominios estendíanse pola Alta Limia, Monterrei e O Ribeiro.

Os irmandiños destruíron as fortalezas de Milmanda e Vilanova dos Infantes. Desde o século XV o mosteiro foi vítima de depredacións por parte dos nobres e tivo que ser recuperado polos Reis Católicos. A partir de 1506, coa adhesión aos mosteiros beneditinos de San Benito El Real de Valladolid, perdeu independencia, se ben foi quen de conservar o seu esplendor.

Celanova sofriu as consecuencias das disputas entre Portugal e España debido á súa proximidade á fronteira. No século XIX, durante o Trienio Liberal, o mosteiro foi exclaustrado e, finalmente en 1837, desamortizado.

En 1927 incorporouse ao concello Vilanova dos Infantes e en 1967 Acevedo do Río.

[editar] Economía

Celanova constitúese en centro comarcal de servizos, sector que ocupa o 40 % da poboación. A industria (30 %) xira en torno á explotación dos recursos locais (madeira, leite, carne, metalurxia) e á construción.

Cultívanse hortalizas, flores, kiwis e legumes. O gando é, sobre todo, porcos e, logo, ovellas, cabras e vacas.

[editar] Patrimonio histórico e artístico

A parte antiga da vila de Celanova está declarada Conxunto Histórico Munumental. O mosteiro de San Salvador de Celanova conta cunha igrexa abacial do século XVI, obra de Melchor de Velasco, dous claustros e as dependencias monacais. A capela de San Miguel é mozárabe.

Moi preto está Vilanova dos Infantes, onde está a torre de Vilanova dos Infantes, torre da homenaxe vestixio do castelo do século XIV derrubado polos irmandiños. Nun outeiro próximo está o castro de Castromao.

En Milmanda, a igrexa parroquial (século XVIII) érguese sobre os restos da torre de Milmanda, castelo do século X.

En Rabal hai unha ermida renacentista. Sobre o río Arnoia, a ponte romana de Freixo conduce ao concello de Cartelle.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Celanova.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Celanova

Acevedo do Río (San Xurxo) | Alcázar de Milmanda (Santa María) | Amoroce (Santiago) | Ansemil (Santa María) | Barxa (San Tomé) | Bobadela (Santa María) | Cañón (San Lourenzo) | Castromao (Santa María) | Celanova (San Rosendo) | Fechas (Santa María) | Freixo (Santa Cristina) | Milmanda (Santa Eufemia) | Mourillós (San Pedro) | Orga (San Miguel) | Rabal (San Salvador) | A Veiga (San Paio) | Vilanova dos Infantes (San Salvador) | Viveiro (San Xoán)


[editar] Lugares de Celanova

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Celanova vexa: Lugares de Celanova.

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. Está en construción, segundo o proxecto estará rematada en Maio de 2012 [1]
  4. Datos tomados de Celanova Virtual [2]
  5. Datos publicados no INE [3]

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas