Río Amazonas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Río Amazonas
Rioamazonas.jpg
Río Amazonas, próximo a Manaus, Brasil
País Flag of Peru.svg Perú
Flag of Colombia.svg Colombia
Flag of Brazil.svg Brasil
Rexión n/d
Nacemento Perú
Altitude n/d
Lonxitude 7020 Km
Caudal medio 219.000 m³/s
Conca 7.050.000 km2
Desembocadura Océano Atlántico

O río Amazonas é o máis caudaloso do mundo. Nace en Perú e desemboca no Océano Atlántico, despois de atravesar Brasil, onde entra polo estado homónimo e recibir máis de 1.100 afluentes. Ten entre 6.259 km e 6.712 km de lonxitude (dependendo do criterio de medición), é o segundo máis longo despois do Nilo.

O río Amazonas é un río sur-americano que nace na Cordilleira dos Andes, no lago Lauri ou Lauricocha, no Perú e desagua no Océano Atlántico, xunto á Illa do Maraxó, no Brasil. E ao longo do seu percurso recebe os nomes de Tunguragua, Marañón, Ucayali, Solimóns e finalmente Amazonas.

Unha investigación recente revelou que o Amazonas ten un lonxitude de 6.868 Km e máis de 1.000 afluentes, e polo tanto maior que o Nilo cos seus 6.695 km de extensión, sendo entón o máis longo río do mundo. A súa cunca hidrográfica é a maior do mundo, cunha superficie de aproximadamente 7 millóns de km². O Amazonas é de lonxe o río máis caudaloso do mundo, cun volume de auga preto de 56 veces o do río Nilo.

Mapa mostrando o traxecto do río Amazonas e os seus afluentes, e a área aproximada da súa cunca hidrográfica

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cantidade de auga doce lanzada no Atlántico é xigantesca: preto de 190.000 m³/s na estación de choivas, ou un quinto de toda a auga fluvial do planeta. Na verdade, o Amazonas é responsable dun quinto do volume total de auga doce que desauga nos océanos de todo o mundo. Dise que a auga aínda é doce mesmo a quilómetros de distancia da costa, e que a salinidade do océano é ben máis baixa que o normal 150 km mar adentro.

O Amazonas, que pode ter 40 km de anchura en períodos de chea, é navegable por navíos oceánicos de porte medio ata Iquitos, a 3.500 km do mar.

Caudal[editar | editar a fonte]

Caudal medio mensual do Amazonas (m³/s) medido nunha estación ás aforas de Óbidos
Datos dos últimos 70 anos (anual 176.000 m³/s)

Estimación do caudal medio mensual do Amazonas (en m³/s)
na desembocadura, tendo en conta os catro últimos afluentes (anual 209.000 m³/s)


Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Toda a fauna da selva tropical húmida suramericana está presente na Amazonia. Os cientificos afirman que alí existen innúmeras especies de plantas aínda sen clasificación, millares de especies de paxaros, innúmeros anfibios e millóns de insectos.

Desde os insectos ata os grandes mamíferos como o puma, a denta e os veados, réptiles como a tartaruga, a anaconda, o caimán e a víbora. Hai paxaros e peixes de todas as especies, plumaxes e peles. Nas lagoas ao longo do Amazonas florece a planta Victoria Rexia, cuxas follas circulares chegan a máis dun metro de diámetro.

É tan amplo o seu número de especies de peixes e plantas acuáticas que enumeralas todas sería imposible. Para todos os afeccionados ao acuarismo, trátase da fonte que proporciona a maior cantidade de especies de peixes que hoxe en día poboan os comercios e acuarios de todo o mundo.

Pulmón do planeta[editar | editar a fonte]

Cientificamente, trátase dun equívoco chamar as florestas tropicais de "Pulmón do planeta". Hai varios motivos para iso, como por exemplo:

  • Outro feito é que a maior parte da produción do osíxeno que respiramos provén de microorganismos (algas e cianofíceas) e que a súa produción de osíxeno por fotosíntese supera en moito o seu consumo pola respiración. Mentres que nas florestas tropicais o osíxeno producido pola fotosíntese durante o día (fase clara) é consumido en grande parte á noite (fase escura) pola respiración das mesmas. Apenas florestas que aínda están en desenvolvemento producen máis osíxeno do que consumen, e as florestas tropicais na súa grande maioría xa están en proceso de estabilidade ecolóxica.

Portos[editar | editar a fonte]

Os portos máis importantes do río Amazonas fican nas cidades de Iquitos, no Perú, Leticia na Colombia e Manaus no Brasil.

Estrada[editar | editar a fonte]

Un pouco ao sur do Amazonas está a Estrada Transamazónica, como un longo canal de poeira e barro, resultado dunha das aventuras máis ousadas xamais tentadas na maior de todas as rexións florestais do mundo. A estrada BR-233 imita o curso do río Amazonas, pois avanza en forma paralela a este. Ten, de acordo cos números oficiais, cinco mil quilómetros de lonxitude, a pesar de estar invadida pola floresta en varios treitos. A estrada, iniciada no período da ditadura militar, nunca fixo uso nin dos miles de millóns de dólares, nin das esperanzas de desenvolvimento, depositadas nela, mais foi unha grande indutora do desmatamento ao longo do seu curso.

Desnivel nos últimos quilómetros[editar | editar a fonte]

O río Amazonas, cuxo curso é moi plano (20 m de desnivel nos últimos 1500 quilómetros) antes da súa desembocadura, constitúe un caso moi especial de Mareas oceánicas. Na rexión do río Amazonas, tais mareas son coñecidas como pororoca, e son unha atración turística. Os primeiros resultados dunha investigación realizada por institucións brasileiras asociadas no marco do programa HiBAn (Hidroloxía da bacía amazónica) permiten entender mellor a influencia da marea no funcionamento hidrodinámico do Amazonas ao se aproximar ao océano e, de maneira máis particular, medir o seu impacto nas pulsacións do caudal do río e no transporte de sedimentos en dirección ao océano.

Grupos indíxenas[editar | editar a fonte]

No territorio ao longo do río Amazonas moran innúmeros grupos nativos precedentes orixinalmente do Perú, da Colombia e do Brasil.

Afluentes principais[editar | editar a fonte]

Do nacimento á foz.

Cidades principais[editar | editar a fonte]

Da nacente á foz:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Amazonas

Outros artigos[editar | editar a fonte]