A Estrada
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Estrada (homónimos).
| A Estrada | |
|---|---|
| Concello da Estrada | |
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Estradense |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Pontevedra |
| Comarca: | Tabeirós - Terra de Montes |
| Poboación: | 21.759 hab. (2011) |
| Área: | 280,8 km² |
| Densidade: | 77,48 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 458 |
| Capital do concello: | A Estrada |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | José Carlos López Campos (PP) |
| Concelleiros: | BNG: 1 PPdeG: 11 PSdeG-PSOE: 9 Outros: {{{outros}}} |
| Eleccións municipais na Estrada | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 97,96 % |
| Sitio web oficial | |
| http://www.aestrada.com | |
A Estrada é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á Comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE no ano 2010 residían alí 21.828 persoas. No ano 2004 residían 307 estranxeiros no concello. O concello ten 51 parroquias.
O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Estradense.
| Evolución da poboación de A Estrada - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 23.916 | 26.623 | 28.169 | 25.719 | 22.217 | 21.828 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
| Censo Total | 21.880 |
| Menores de 15 anos | 2.515 (11.49%) |
| Entre 15 e 64 anos | 13.898 (63.52%) |
| Maiores de 65 anos | 5.467 (24.98%) |
Índice |
[editar] Etimoloxía do topónimo
O nome procede[Cómpre referencia] do latín strata ("terra pisada por onde se anda; camiño"). Neste lugar cruzábanse dous camiños: o que ía de sur a norte, desde a Terra de Montes, Ourense e Portugal, que seguían os arrieiros e peregrinos cara Santiago de Compostela, e de leste a oeste, desde o Deza, Trasdeza e o interior de Galiza, por onde arrieiros e, máis tarde, carrilanas, se dirixían á costa.
Como premisa dunha hipótese máis complexa, Cabeza Quiles [3] baséase na escaseza documental da voz estrada (fronte a strata) nos tombos de Sobrado dos Monxes, Samos ou Oseira observada por Pensado Tomé, así como a súa ausencia tamén de datos en Mondoñedo, Celanova, San Pedro de Ramirás ou San Pedro de Rocas e na antiga lexicografía do padre Sarmiento, do padre Sobreira, Pintos, Cornide e Cuveiro. A súa teoría supón a perda do uso común deste lexema para máis tarde recuperarse co significado actual de estrada, hipótese compartida por Benigno Fernández Salgado. Como topónimo da actual capital de concello, utilizábase inicialmente Tabeirolos (que deu Tabeirós) e logo contra 1600 San Paio de Figueroa, ata a época de Sarmiento que documenta A Estrada contra 1750. Polo tanto, e sempre segundo Cabeza Quiles, a data de aparición é demasiado serodia para que o topónimo proceda do latín (via) strata (participio do verbo sternere, "espallar, botar pedra por riba do chan; empedrar") e propón un étimo alternativo na participio do verbo popular galego estrar ("botar estrume nas corredoiras con lama, sobre todo en inverno").
[editar] Demografía
Evolución da poboación de A Estrada dende 1877 ata agora:

[editar] Historia
A xurisdición de Tabeirós ten a súa orixe en tempos do rei suevo Miro, no século VI, e aparece citada no Cronicón Iriense como pertencente á diocese de Iria. No século XII, o arcebispo Xelmírez e o rei Afonso VII de Castela trocaron a terra de Tabeirós (que pasou a ser da mitra compostelá) por Tabeirolos e o castro de Faro. A xurisdición abarcaba o actual concello da Estrada, con excepción das parroquias de Vea. A xurisdición de Tabeirós incluía os coutos de Vea, Codeseda, Vega e Oca, e o Couto do Viso.
En 1836 iniciáronse as reunións para a unión destes concellos noutros maiores ou nun só. O 1 de xaneiro de 1837 uníronse os Coutos de Vega e Oca, Viso, Codeseda e Vea con Tabeirós. O concello formouse en Cereixo, con sede en Pernaviva, xa con 51 parroquias (incluída A Estrada, que aparece por primeira vez, formada polos lugares de Figueiroa de Arriba, Figueiroa de Abaixo, Rodeiro, Regueiro, Pedregal, Vilabrasil e Vilar). Logo de tres anos de enfrontamentos entre absolutistas e liberais, en 1840 tivo lugar a destitución do concello de Cereixo, solicitando o nome de A Estrada para o concello, aprobándose a mudanza o 23 de xaneiro de 1841.
O partido xudicial da Estrada inclúe ós concellos de Forcarei e Cerdedo.
O 6 de xullo de 1859 concedéuselle á Estrada o título de Vila por Real Decreto. En 1878, o príncipe Afonso de Borbón outorgou ó concello o tratamento de Ilustrísimo, e en 1912, xa como rei, o de Excelencia.
Ata 1940 editouse na vila o xornal El Emigrado.
[editar] Goberno e política
- Artigo principal: Eleccións municipais na Estrada.
Actualmente, o alcalde do concello da Estrada é José Antonio Dono López, do Partido Socialista Obrero Español, quen quen lle arrebatou a alcaldía ao popular Manuel de la Calle, sucesor do anterior alcalde Ramón Campos Durán, tralas eleccións xuño de 2007. Os partidos políticos máis relevantes no ámbito local, ademais do BNG, son o Partido Popular, cuxo actual portavoz no pleno é Miguel Ramón de la Calle Amaro, o Bloque Nacionalista Galego con Raquel López Doce e José Manuel Reboredo Baños elixido polo CIDEGA pero agora no PP.
O concello da Estrada estrutúrase en diferentes concellerías: de cultura e normalización lingüística, de servizos municipais: deportes, mocidade, transportes e alumeado público; de medio ambiente; de benestar social e participación cidadá, de promoción económica, turismo e comercio e policía local; e de obras. O concello celebra plenos ordinarios cada mes, aínda que con frecuencia celébranse plenos extraordinarios, co fin de debater temas e problemas que afectan ao concello.
A xunta de goberno, presidida polo alcalde, está composta actualmente polos 9 concelleiros do BNG. A corporación municipal está formada por 21 membros, 9 do PSOE, 7 do PP e 3 do BNG e 2 a [[CIDEGA], posteriormente incorporados ao PP.
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes da Estrada
-
Palco de música á beira do concello
-
Fonte e pombas
-
I.E.S. Manuel García Barros
[editar] Lugares da Estrada
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Estrada vexa: Lugares da Estrada.
[editar] Parroquias
[editar] Festividades
Son famosas a Festa do Salmón e a Rapa das bestas.
[editar] Véxase tamén
| Concellos da Comarca de Tabeirós - Terra de Montes | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
Cerdedo |
A Estrada |
Forcarei |
||||
|
|||||
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
- ↑ Fernando Cabeza Quiles (2008:257, 258, 260, 263) Toponimia de Galicia. Vigo:Editorial Galaxia
- ↑ Eleccións municipais de 2003
- ↑ Eleccións municipais de 2007