Corrubedo, Ribeira
| Corrubedo | |
|---|---|
| Vista de Corrubedo | |
| Concello | Ribeira |
| Área | 7,05 km² |
| Poboación | (Ano 2011) 755 hab. |
| Densidade | 108,93 hab./km² |
| Entidades de poboación | 16 |
Santa María de Corrubedo é unha parroquia do concello coruñés de Ribeira na comarca do Barbanza. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 768 habitantes (388 homes e 380 mulleres), 5 máis que o ano anterior. Até 1928 pertenceu á parroquia de Olveira.
Nela sitúase o cabo de Corrubedo e unha pequena parte do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo, que inclúe as dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán, que comparte coas parroquias estremeiras de Olveira, Artes e Carreira.
Este parque natural é un sistema de praia-barreira. Logo dun extenso areeiro que conforma a praia, sitúanse as dunas e, tras delas, a lagoa de Carregal e marismas.
Índice |
[editar] Patrimonio
O templo, de estilo neoclásico, construíuse entre fins do século XIX e comezos do XX.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de Corrubedo, Ribeira
-
Praia de Espiñeirido, no límite co concello de Porto do Son
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Corrubedo
| Lugares da parroquia de Corrubedo no concello de Ribeira (A Coruña) | |
|---|---|
|
O Adro | A Atalaia | Campo da Agra | As Chiscas | Corrubedo | O Espiñeirido | O Faro | Fóra de Portas | Mexilloeiro | A Pedra do Pino | As Pitas | O Porto | O Prado | Rocapillón | Teira | Torreiro |
[editar] Parroquias de Ribeira
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ribeira | |
|---|---|
|
Aguiño (Nosa Señora do Carme) | Artes (San Xián) | Carreira (San Paio) | Castiñeiras (O Bo Pastor) | Corrubedo (Santa María) | Oleiros (San Martiño) | Olveira (Santa María) | Palmeira (San Pedro) | Ribeira (Santa Uxía) |