Río Támega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Támega
Verín.pav.jpg
O Támega ao paso por Verín.
País Galiza e Portugal
Rexión n/d
Nacemento A Alberguería
Altitude n/d
Lonxitude 145 km
Caudal medio
Conca 669 km²
Desembocadura Río Douro

O río Támega (Tâmega en portugués), é un curso fluvial que nace en Galiza, e percorre parte do norte de Portugal, ata desembocar no río Douro, logo dun percurso de 145 km. É o único río galego xunto cos seus afluentes que pertence á Confederación hidrográfica do río Douro.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome do río é pre-romano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura", que aparece noutros hidrónimos galegos: Tambre, Támoga, Tamuxe, e tamén noutros países europeos, baste lembrar o británico Támesis, en inglés Thames. Do nome do río deriva o do pobo pre-romano dos tamagani, que sen dúbida habitaba o val de Monterrei.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Támega nace na serra de San Mamede, no Alto de Talariño a 960 m de altura, preto da freguesía da Alberguería, no concello de Laza, na provincia de Ourense, atravesa logo o val de Monterrei, para entrar en Portugal e cruzar o distrito de Vila Real, formando linde entre este e o de Braga, para finalmente entrar no de Porto, onde rende as súas augas ao Douro na localidade de Entre-os-Rios.

Entre as localidades máis importantes que atravesa están Verín, Laza, Castrelo do Val e Oímbra en Galiza, e máis Chaves e Amarante no norte portugués. O seu afluente máis salientábel en terras galegas é o río Búbal, que o é pola dereita.

Protección[editar | editar a fonte]

O percurso galego do río Támega ten a cualificación de lugar de importancia comunitaria.

Datos de interese do río e do seu val[editar | editar a fonte]

Vista do río Tamega en Rabal.
  • Nacemento: preto da alberguería do Prado.
  • Vexetación predominante: árbores de cultivo.
  • Desembocadura: río Douro.
  • Material xeolóxico: micacitas.
  • Afluentes: río Búbal.
  • Tipo de rotación de cultivos: centeo, trigo, patacas, barbeito.
  • Lonxitude: 38,5 km na parte galega.
  • Densidade do gando: 0.8 vacún/Ha.
  • Superficie conca: 669 km².
  • Densidade explotacións: 6,7 número expl./km².
  • Densidade de poboación: 32 hab./km².
  • Precipitacións: 1157 mm.
  • Diferenza entre cotas: 1000 m.
  • Déficit hídrico: máis de 90 días.
  • Pendente: 2.26 graos.
  • Textura do solo: areoso.
  • Aceptación precipitacións: alta.
  • Porcentaxe de concellos galegos que compoñen a conca: Laza 40%, Castrelo do Val 10%, Verín 10%, Monterrei 30%, Oímbra 10%.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Támega