Universidade Autónoma de Barcelona
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Universitat Autònoma de Barcelona | |
|---|---|
As columnas da UAB, monumento da universidade. |
|
| Localización: | Bellaterra |
| Reitor: | Ana Ripoll Aracil |
| Estudantes: | 37.166 |
| Enderezo: | Praza Cívica, Campus da UAB Bellaterra, Barcelona |
| Páxina web: | http://www.uab.es/ |
A Universidade Autónoma de Barcelona (en catalán: Universitat Autònoma de Barcelona) é unha universidade pública de Cataluña (España), creada en 1968. A maior parte dos seus centros docentes e servizos extra-académicos están no Campus de Bellaterra situado en Cerdanyola del Vallès (Vallès Occidental). Ten tamén centros docentes en Sabadell, Sant Cugat del Vallès, Manresa e na cidade de Barcelona. Conta con 37.166 alumnos e 3.262 profesores.[1]
Forma parte da Rede de Universidades Instituto Joan Lluís Vives.
A UAB imparte 77 titulacións de grao, 328 programas de posgrao e 90 programas de doutoramento.