Urbano Feijoo Sotomayor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con Urbano Feijoo Sotomayor Ron (†1959).
Infotaula de personaUrbano Feijoo Sotomayor

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Urbano Feijoo Sotomayor y Cejo Editar o valor em Wikidata
1808 Editar o valor em Wikidata
Bamio, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de agosto de 1898 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Viana do Bolo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 10606

Urbano Feijoo Sotomayor, nado en Bamio en 1808[1] e finado en Viana do Bolo o 10 de agosto de 1898[2][1], foi un empresario e político galego, irmán de Camilo Feijoo de Sotomayor[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comerciante na Habana, accionista do ferrocarril de Sagua e vocal da Xunta de Auxilio. En 1853 aprobouse o seu proxecto de colonización galega da illa de Cuba, que se empezou a realizar a partir de 1854. A xustificación do proxecto era a salvación de moitos galegos que atravesaban un período de fame severa polas malas colleitas, mais en realidade a intención final era a salvación dos enxeños de azucre que xestionaba na illa[4]. O operativo levou á illa de Cuba 2000 galegos en condicións de escravitude. Urbano Feijoo foi o exclusivo beneficiario. Rematou ao ano seguinte, debido ao escándalo que provocou. O negocio rematou sen a condena do contratista e evitando o Estado a súa responsabilidade.

Memoria escrita por Urbano Feijoo: Isla de Cuba. Inmigración de trabajadores españoles, publicada na Habana en 1853 para xustificar a súa empresa

Foi deputado no Congreso por Ourense (1854), por Verín (abril de 1872) e polo distrito de Matanzas (Cuba) en 1881.

Casou con Carlota Robleda.

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Vázquez de Gey, Elisa (2022). "Urbano Feijoo Sotomayor". Álbum de Galicia. doi:10.17075/adg.2022.23823. 
  2. El Diario de Pontevedra 19-8-1898, p. 3.
  3. Salgado, Fernando (25/10/2015). "La vajilla y el azúcar cubano de los Feijoo de Sotomayor (I)". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21/2/2021. 
  4. Xestoso, Manuel (2/4/2021). "Escravos galegos en Cuba". Nós Diario. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]