Chuvia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Choiva sobre algunhas árbores

A chuvia ou choiva é un fenómeno físico que consiste na precipitación de auga sobre a superficie da Terra. Este tipo de meteoro fórmase nas nubes. Non todas as choivas chega ao chan: algunhas evapóranse mentres están aínda a caer, nun fenómeno que recebe o nome de virga e acontece principalmente en períodos locais de ar seco.

A choiva ten un papel básico no ciclo hidrolóxico. A cantidade de choivas é medida usando un instrumento chamado pluviómetro, de funcionamento simple: un tubo de colecta da choiva, cunha escala graduada (xeralmente de 0,25 mm en 0,25 mm) capaz de indicar a cantidade de choivas no lugar.

Índice

[editar] Descrición

A chuvia é a precipitación de auga en forma de gotas. Cando estas alcanzan un diámetro superior aos 0,5 mm caen á terra pola gravidade a unha velocidade superior aos 3 m/s. A auga tamén pode descender á litosfera en forma de neve ou saraiba.

As gotas pequenas son case esféricas, mentres que as maiores están achatadas. O seu tamaño oscila entre os 0,5 e os 6,35 mm, mentres que a súa velocidade de caída varía entre os 8 e os 32 km/h, dependendo do seu volume.

[editar] Intensidade de choiva

A cantidade de precipitación é a relación entre os milímetros de auga e o tempo en horas. Outro xeito de medir a intensidade pluvial é indicar o volume de auga por m².

A choiva adxectivízase segundo á cantidade de precipitación caída nunha hora (mm/h)[1]:

  • Débil: cando a súa intensidade é <= 2 mm/h.
  • Moderada: > 2 mm/h e <= 15 mm/h.
  • Forte: > 15 mm/h e <= 30 mm/h.
  • Moi forte: >30 mm/h e <= 60 mm/h.
  • Torrencial: >60 mm/h.

[editar] Tipos de choiva

Chuvia repenicando

Choiva frontal: É causada polo encontro dunha masa fría con outra quente (e húmida), típicas das latitudes medias. As choivas frontais ocorren cando a masa fría se atopa con outra masa quente e húmida.

Choiva de Convección: É provocada pola intensa evaporación e o consecuente enfriamento pola acensión do ar húmido. Estas choivas tamén son coñecidas popularmente como augaceiros.

Choiva oroxénica ou de releve: Ocorre cando os ventos húmidos se erguen e enfrían polo encontro dunha barreira montañosa, como é normal nas encostas voltadas para o mar.

[editar] Referencias

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais