Lisboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rexión de Lisboa
Lisboa
Crest of Lisboa.svg Flag of Lisboa.svg
Situación xeográfica
LocalLisboa.svg
Estado: Flag of Portugal.svg Portugal
Rexión: Lisboa
Subrexión: Grande Lisboa
Distrito: Lisboa
Xeografía
Altitude: msnm
Superficie: 83,84 km²
Poboación
Poboación total: 564.477 hab. (2001)
Densidade de poboación: 6.518,1 hab/km²
Xentilicio: lisboeta
Información
Código postal: 1000 a 1900 Lisboa
Alcalde: António Costa
Sitio na web: www.cm-lisboa.pt

Lisboa, cidade situada na foz do Río Texo, é a capital e maior cidade de Portugal. Alén diso é tamén capital do Distrito de Lisboa, da rexión de Lisboa, da Área Metropolitana de Lisboa, e é aínda o principal centro da subrexión estatística da Grande Lisboa. A cidade ten preto de 546.477 habitantes (2001), mais a súa área metropolitana ten preto de 2,6 millóns, un cuarto da poboación do país.

A cidade corresponde ao concello, que é pequeno cos seus 83,84 km². A densidade demográfica sobe a 6.518,1 hab./km². O concello subdivídese en 53 freguesías e está limitado ao norte polos municipios de Odivelas e Loures, ao oeste por Oeiras, ao noroeste pola Amadora e ao leste e sur polo estuario do Texo. A través do estuario, Lisboa lígase aos concellos da marxe Sur: Almada, Seixal, Barreiro, Moita, Montijo e Alcochete.

Índice

[editar] Monumentos

Como monumentos e temas de interese turístico destacan, na Lisboa medieval:

Da cidade da época dos descubrimentos podemos ver hoxe na zona de Belém, dúas construcións clasificadas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade:


Do comezo do século XVIII o monumento máis significativo é o Acueduto das Augas Livres. Despois do terremoto de 1755, no plano en grella aprobado polo Marqués de Pombal (Baixa Pombalina) para a zona central da cidade, construíronse as prazas do Comercio, xunto ao Texo, e maila prazo do Rossio.

Nas proximidades e con interese histórico ou artístico están aínda a Praza dos Restauradores e o Elevador de Santa Justa, proxectado a fins do século XIX por Mesnier du Ponsard, un discípulo de Eiffel.

Tamén destacan os pazos reais das Necesidades e da Axuda, na parte Oeste da cidade.

A fins do século XIX os planos urbanísticos permitiron estender a cidade alén da Baixa para o vale da actual Avenida da Liberdade. En 1934 é construída a Praza Marqués de Pombal, remate superior da avenida. Do século XX sobresaen os extensos planos urbanísticos das Avenidas Novas, da envolvente da Universidade de Lisboa, e da zona dos Olivais, e os máis recentes do Parque das Nacións e da Alta de Lisboa, aínda en construción. Os edificios do fin do século XX máis notábeis en termos de arquitectura inclúen, entre outros, as Torres das Amoreiras (1985, do arquitecto Tomás Taveira, o Centro Cultural de Belém (inaugurado en 1991), a Estación do Oriente (de Santiago Calatrava), a Torre Vasco da Gama e o Oceanario de Lisboa (de Peter Chermayeff), todos de 1998.

[editar] Historia

Artigo principal Historia de Lisboa

Foi fundada polos gregos e foille dado o nome de Olissipo (nome supostamente derivado de Ulises). Co paso do tempo o nome foi derivando en Olissipona, Lissapona e finalmente Lisboa. Lisboa foi tomada no século VIII polos árabes provenientes do norte de África, e reconquistada polo primeiro rei de Portugal, Afonso Henriques no século XII. De Lisboa partiron numerosas expedicións na época dos Descubrimentos (ss. XV-XVII). Foi destruída o 1 de novembro de 1755 por un gran terremoto, e reconstruída segundo os planos trazados polo Marqués de Pombal (de aí que a parte central se coñeza como Baixa Pombalina).

Como monumentos e tópicos de interese turístico destacan o Castelo de São Jorge, no outeiro máis alto do centro da cidade, a Praça do Comércio, o Mosteiro dos Jerónimos e Torre de Belém e o barrio que sobreviviu ó terremoto, chamado Alfama. A música tradicional de Lisboa é o fado, canción nostálxica acompañada pola guitarra portuguesa.

En Lisboa ocorreron a revolta republicana do 4 e 5 de novembro de 1910 e a Revolución dos cravos do 25 de abril de 1974.

[editar] Transportes

Está ligada á outra beira do Texo por dúas pontes: a ponte 25 de Abril, no sur, inaugurada o 6 de agosto de 1966, que liga Lisboa e Almada e a ponte Vasco da Gama, inaugurada en maio de 1998, que liga o nordeste da capital (zona do Oriente e Sacavém) coa cidade de Montijo.

O aeroporto de Lisboa (aeroporto da Portela) localízase a 7 km do centro, na zona nordeste da cidade. Aprobouse no 2005 a construción dun novo aeroporto na zona da Ota, a 40 km ao norte da cidade.

O porto de Lisboa é destino de numerosos cruceiros e un dos principais portos turísticos europeos.

[editar] Lisboetas de sona

[editar] Imaxes de Lisboa

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Ligazóns externas

[editar] Bibliografia

  • Camarinhas, Catarina. L'urbanisme de Lisbonne. Paris: L'Harmattan, 2012. ISBN 978-2-296-47915-9.
  • França, José Augusto. Lisboa, História física e moral. Lisboa: Livros Horizonte. ISBN: 978-972-24-1612-2
  • Gea, Juan Carlos. El Temblor (Lisboa, sábado de santos de 1755. 2005. ISBN 84-9704-205-0
  • Vários Autores. Lisboa (time out). 2005. ISBN 84-9801-028-4
  • Vários Autores. Lisboa 2006 (Guías Visuales). 2006. ISBN 84-03-50156-0
  • José-Luis Sainz Guerra, (Coord.), La remodelación de la ciudad europea. Valladolid: Publicacións da Universidade de Valladolid, 2007. ISBN 978-84-8448-417-2


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas