Cornellà de Llobregat
| Cornellà de Llobregat | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | Barcelona |
| Comarca: | Baix Llobregat |
| Xeografía | |
| Altitude: | 27 msnm |
| Superficie: | 6,96 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 87.240 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 12.534,48 hab/km² |
| Xentilicio: | Cornellanenc, cornellanenca |
| Información | |
| Código postal: | 08940 |
| Alcalde: | Antonio Balmón Arévalo (PSC-PSOE) |
| Sitio na web: | www.cornellaweb.com |
Cornellà de Llobregat é un municipio e cidade española, que forma parte da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, Cataluña. Limita cos municipios de L'Hospitalet de Llobregat, Sant Boi de Llobregat, El Prat de Llobregat, Sant Joan Despí e Esplugues de Llobregat.
Índice |
[editar] Historia
A historia de Cornellà de Llobregat está definida por tres factores principais: a súa proximidade á cidade de Barcelona, o ser un territorio de paso (así como toda a comarca do Baix Llobregat) das vías de entrada e saída da capital de Cataluña, e a presenza do río Llobregat. O seu nome posúe unha orixe romana (Cornelianus) e as características arquitectónicas da cidade posúen trazos visigóticos.
A primeira referencia escrita da cidade data de 980, cando xa existía unha igrexa e unha torre de defensa contra os sarracenos no mesmo lugar que onde hoxe se establece o actual Castelo (construído no século XIV). A cidade foi incorporada ao territorio de Barcelona no século XIII e por pouco tempo, pertenceu ás "Franqueses del Llobregat", onde se desenvolvía principalmente a actividade agrícola. A cidade foi dominada polos "masos" ata o século XVIII.
No ano 1716 a cidade separouse de Barcelona polo Decreto de Nova Planta, e pasou a formar parte da comarca do Baix Llobregat. No ano 1819, xunto coa inauguración da Canle da Infanta desenvólvese o regadío e comézase un proceso de industrialización. O ferrocarril chega á cidade en 1854. Durante un século o sector téxtil convértese na base económica do municipio e á vez crecen os núcleos de poboación separados do centro (barrios de Riera, Almeda, Pedró, a Gavarra). De 1950 en diante, multiplícase a chegada de novos habitantes e acentúase o proceso de industrialización e urbanización. Constrúese o barrio de Sant Ildefons (anos 60) e Fontsanta (1974). Chégase a 100.000 habitantes en 1979.
A cidade adquire relevancia como referente da loita obreira e social pola democracia nos últimos anos do franquismo.
[editar] Xeografía
A cidade de Cornellà está ao suroeste da gran conurbación que ten por centro Barcelona. Cornellà sitúase ao nordés do gran meandro do Llobregat, entre a beira esquerda do río e os estribos da montaña de Collserola, no límite nororiental do delta do Llobregat.
O clima é tipicamente mediterráneo cunha media anual duns 7 a 9°C no inverno e uns 28 a 30°C no verán. Nos meses de xullo e agosto corresponde o período de mínimos de choiva e máximos de temperatura. Os máximos en canto a precipitacións rexístranse en xeral no outono.
[editar] Demografía
| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 2.197 | 7.031 | 11.473 | 77.314 | 90.956 | 80.998 | 85.180 |
[editar] Distritos
Cornellà de Llobregat divídese administrativamente en seis distritos (I, II, III, IV, V e VI). Estes distritos coinciden parcialmente coa división máis usual e recoñecible por parte da poboación, que corresponde aos seguintes barrios:
[editar] Cidadáns ilustres
- Jaume Vilà i Mèlich Javimel, compositor de sardanes
- Estopa, grupo musical.
- Jordi Évole, guionista e subdirector do programa Buenafuente.
- Tony Aguilar, locutor de radio e presentador de televisión.
- Ricardo Gabarre, cantante.
- José Montilla, ex presidente da Generalitat de Catalunya.
- Ramon Muntaner i Torruella, cantautor catalán e presidente de SGAE.
- La Banda Trapera del Río, grupo musical.