Porto da Coruña
Coordenadas: 43°22′05″N 8°23′57″W / 43.367934°N 8.39922°W
O porto da Coruña é un porto galego situado tralo dique de abrigo da cidade da Coruña, bañada polo océano Atlántico. É un dos motores económicos da cidade, con seis quilómetros de peiraos e preto dun millón de metros cadrados de superficie marítima e terrestre. Está integrado na provincia marítima da Coruña.
O porto da Coruña conta cun sector acondicionado para desembarcar graneis sólidos (carbón, coque) e contedores. No ano 2007 movéronse 13.842.964 toneladas de mercadorías no porto[1], o que supón un incremento total do 3,68 % respecto ao 2006, o que o converte no gran porto de mercadorías de Galicia e un de referencia no norte da Península Ibérica, seguido de preto por Ferrol-San Cibrao (10.228.000 toneladas). Este tráfico está dividido en:
- Graneis líquidos, con 8.310.850 toneladas. Destaca o crecemento en petróleo cru, e o descenso en gasolinas, por mor da forza da divisa Europea, que dificulta as exportacións no sector.
- Graneis sólidos, con 4.412.945 kg e centrado no trigo, o millo e o carbón, aínda que cunha tendencia descendente.
- Mercadorías xerais, con 1.389.169 toneladas, protagonizadas pola palanquilla, aramios e ferros.
- Tráfico de contedores, no que o Porto da Coruña inaugurou recentemente unha nova liña co X-Pres Container, sumándose á xa existente con OPDR. O notable incremento nas Mercadorías Xerais está a diversifica-lo traballo portuario, e xera máis opcións de crecemento.
- Pesca fresca, con 31.094.395 kg. A importancia da industria conserveira na Coruña demanda gran cantidade de peixe, pero aínda así o tráfico da súa mercancía é superado por outros portos, coma o porto de Vigo.
- Tráfico de cruceiros, con 50.000 pasaxeiros no 2007 nuns 60 cruceiros.
O Porto da Coruña carece de liñas de pasaxe regular.
Índice |
O porto exterior[editar]
No ano 2004 comezou a construción do porto exterior da Coruña, que se aprobara en 1997. Está situado no concello limítrofe de Arteixo, que ampliará enormemente as instalacións portuarias e as desprazará fóra do casco urbano. O espazo baleiro é susceptible dunha rehabilitación modélica, que será denominada Cidade do Mar e xunto co porto exterior de Ferrol vai constituír unha das zonas industriais marítimas e loxísticas máis importantes da Unión Europea[Cómpre referencia].
O novo porto contará cun dique de abrigo de 3.250 metros de longo, 264 hectáreas de augas interiores (o equivalente a máis de 100 campos de fútbol), 91 hectáreas de terreo edificable e un contradique de 600 metros no extremo oeste das obras. Ademais, tamén contará con conexións por estrada coa A-6 e por ferrocarril. A liña de atraque superará os 9 quilómetros con calados que irán dos 16 aos 30 metros, o que permitirá o atraque de buques de ata 250.000 toneladas de peso. Tamén ten previstas unhas ampliacións no 2020, para deixar libres aos peiraos de San Diego e Oza.
Galería de imaxes[editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes do porto da Coruña.
Notas[editar]
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Porto da Coruña, web da Autoridade Portuaria da Coruña.
|
|||||||||||||||||