Santiago Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santiago Iglesias.

Santiago Iglesias Pantín, nado na Coruña o 22 de febreiro de 1872 e finado en Washington, DC o 5 de decembro de 1939, foi un político e sindicalista galego, organizador do primeiro partido socialista de Porto Rico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Galicia e foi aprendiz de ebanista. Embarcouse en 1887 para Cuba. Na Habana participou na organización de actividades sindicais. En 1896 abandonou Cuba e embarcouse para viaxar a Inglaterra; sen embargo, desembarcou en Porto Rico. En maio de 1897 fundou Ensayo Obrero. Foi encarcerado e pasou sete años en prisión. Fundou o Partido Obrero Socialista de Puerto Rico e o Partido Socialista Puertorriqueño, que representou no Senado de Estados Unidos de América (1917-1932). Formou parte do primeiro Comité de Conferencias que dirixiu un Manifesto aos Traballadores da América Latina en 1918. Desenvolveu a Federación Libre de Trabajadores, integrada na AFL, e a Confederación Panamericana del Trabajo, da que foi secretario executivo a comezos da década de 1920. Desempeñou o cargo de comisionado residente de Porto Rico en Washington, e interveu no Congreso dos Estados Unidos de América para reclamar unha lexislación federal para a illa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mourelle de Lema, Manuel (2010). Santiago Iglesias Pantín. Un político circunstancial gallego en Puerto Rico. ISBN 978-84-88081-24-7. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]