A Peroxa
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Peroxa (homónimos).
| A Peroxa | |
|---|---|
| Castelo da Peroxa. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Peroxense (non oficial) |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Ourense |
| Comarca: | Ourense |
| Poboación: | 2.303 hab. (2009) |
| Área: | 54,5 km² |
| Densidade: | 43,06 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 14 parroquias |
| Capital do concello: | |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Manuel Seoane Rodríguez (PPdeG) |
| Concelleiros: | BNG: 0 PPdeG: 8 PSdeG-PSOE: 3 Outros: - |
| Eleccións municipais na Peroxa | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 97,60 % |
| Sitio web oficial | |
| http://www.concellodaperoxa.es/webs/Galego/Principal_Indice.html | |
A Peroxa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e parte da Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2009 tiña 2.303 habitantes.
| Evolución da poboación de A Peroxa - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 6.564 | 7.416 | 5.929 | 4.227 | 2.502 | {{{6}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
Índice |
[editar] Xeografía
O concello, situado na comarca de Ourense, ten 54,5 km². O seu relevo está estruturado en tres zonas: unha de montaña baixa (entre 600 e 800 m), que abrangue as parroquias de Souto, Mirallos, Toubes, Armental e parte de Celaguantes. A topografía é bastante accidentada, formada por numerosas lombas desgastadas pola erosión.
Entre os 400 e 600 metros de altitude están as parroquias de Gueral, Villarrubín e A Peroxa. Esta zona, coñecida como Os Chaos, é máis chaira.
A terceira unidade xeográfica está formada polas terras de val situadas a carón do río Miño e do seu afluente o río Barra, que xunto co río Búbal e o rego de Lentomil, configuran a rede fluvial do concello.
O clima é oceánico con matices meridionais, o que propicia unha vexetación variada, predominando as especies arbóreas autóctonas (piñeiros, carballos, castiñeiros e abeneiros nos vales), mentres que na zona de monte predominan os matos.
[editar] Historia
Atopáronse restos arqueolóxicos paleolíticos, e existen restos de poboados castrexos. Coa romanización de Galicia, construíuse a vía entre Aquas Flavias e Lugo, que posibilitou a formación de novos núcleos de poboación.
Durante a Idade Media foi significativa a presenza do Conde de Ribadavia, que chegou a dominar a maior parte das parroquias que integran o municipio. Tamén foi importante o señorío exercido pola diocese de Ourense, que administrou Vilarrubín e Toubes, mentres que a parroquia de Armental pertenceu ao señorío de don Pedro Losada e a de Beacán ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
Xa na Idade Contemporánea, por mor das excesivas cargas fiscais ás que estaba sometido o campesiñado da zona, creáronse nas parroquias de Graices e O Souto organizacións agrarias de carácter revolucionario (agrarismo), coa finalidade de rematar co sistema feudal e combatir os abusos dos señoríos, que mantiveron os seus privilexios a través do cobro de cuantiosas rendas en especies até finais da década de 1920.
[editar] Patrimonio
Entre o seu patrimonio arquitectónico destaca o castelo da Peroxa, destruído no século XX para construír a nova igrexa parroquial.
A igrexa de San Xinés conta cunha torre barroca con dupla balconada. No retablo da igrexa de Graíces, do século XVII, traballou o escultor ourensán Alonso López.
Entre os pazos e casas grandes destaca a casa da Torre (Graíces), as de Souto e Cinconogueiras e os Pazos de Turbisquedo (convertido nunha casa de turismo rural), Redondelle (Sano Equis), Ansariz (Armental) e o de Láncara.
[editar] Festas
Na Peroxa ten lugar a feira os días 3 e 17 de cada mes. Entre a súa gastronomía destaca a carne ao caldeiro de vitela.
A romaría da Virxe das Neves (Graíces) celébrase a primeira semana de agosto.
A romaría da Virxe do Santo Amparo (Carracedo) celébrase o segundo domingo de setembro, nunha pequena capela no Campo do Amparo.
A romaría da Virxe da Saúde (Mirallos) celébrase o terceiro domingo de setembro, nunha ermida no monte de San Nicolás.
A romaría da Virxe do Rosario (Vilarrubín) celébrase o primeiro domingo de outubro.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes da Peroxa.
-
Embalse dos Peares
[editar] Lugares da Peroxa
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Peroxa vexa: Lugares da Peroxa.
[editar] Parroquias
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
|
|||||
|
|||||