Porto Velho
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|
|||
| Estado | Rondônia | ||
| Superficie | 34 082 km² | ||
| Poboación Densidade |
380 988 (2006) 10,9 hab/km² |
||
| Latitude | 8º45'43" S | ||
| Lonxitude | 63º54'14" W | ||
| Altitude | 85 m | ||
| Distancia de Brasilia | 2 592 Km | ||
| Código postal (CEP) | 78900-000 | ||
| Administración local: | Prefeitura Municipal de Porto Velho - Rua D. Pedro II, 826, Praça Pe. João Nicoletti - Centro | ||
| Internet: | http://www.portovelho.ro.gov.br | ||
| Alcalde (Prefeito) | Roberto Sobrinho | ||
| Localización no Brasil | |||
|---|---|---|---|
Porto Velho é a capital do estado brasileiro de Rondonia. Surxiu no comezo do século XX coa creación do ferrocarril Madeira-Mamoré, implantado para exportar o caucho producido na Bolivia, e que foi unha das condicións impostas polo goberno daquel país para aceptar a soberanía brasileira sobre Acre.
Ademais do caucho, a rexión produce tamén ouro e casiterita (mineral de estaño). A partir do comezo da década de 1970 a súa poboación aumentou de modo considerábel grazas á migración de brasileiros do sur do país, que viñan en busca de terras baratas para cultivar. Hoxe é unha das principais cidades do sur da Amazonia brasileira. É sede de unha universidade pública, a Universidade Federal de Rondônia.
|
||||||||||||||||||||