Sebastopol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 44°36′00″N 33°32′00″E / 44.60000°N 33.53333°E / 44.60000; 33.53333

Sebastopol
Севастóпoль (en ruso)
Aqyar (en tártaro de Crimea)
Flag of Sevastopol.svg COA of Sevastopol.svg
Sevastopol004.jpg
Vista do porto de Sebastopol.
Situación xeográfica
Sevastopol location map.svg
País Ucraína Ucraína De iure
Rusia Rusia De facto
Concello Concello de Sebastopol
Xeografía
Altitude 100 msnm
Superficie 864 km²
Poboación
Poboación 379.200 hab. (2007)
Densidade 438,89 hab/km²
Información
Código postal 99000—99699
Alcalde
Páxina web Páxina oficial de Sebastopol

Sebastopol (en ucraíno e rusoСевастополь, tr. "Sevastopol"; en tártaro de CrimeaAqyar) é unha cidade de situada na península de Crimea. Ten 379.200 habitantes (2007), na súa maioría rusos (71,6 %), seguidos dos ucraínos (22,4 %). É un importante porto do Mar Negro. Conta cunha base naval de utilización conxunta para a Mariña Rusa e a Mariña Ucraína.

A súa situación política é disputada entre Rusia e Ucraína. Rusia goberna a cidade baixo o status de cidade federal, limitando coa República de Crimea. Pola súa parte o goberno de Ucraína estende as súas reclamacións sobre a cidade tamén ao resto da península de Crimea.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade fundouse en 1783 ao anexionar Rusia a península de Crimea, pola súa posición estratéxica converteuse nunha importante base naval e máis tarde nun porto comercial. En 1797 a cidade pasou a se denominar Akhtiar, nome dun asentamento tártaro nas súas proximidades, en 1826 a cidade recuperou o seu nome actual. Sebastopol foi teatro de operacións en diferentes conflitos bélicos, permaneceu asediada durante once meses (1854-1855) durante a Guerra de Crimea, foi sede dende 1918 ata 1920 do cuartel xeral do Exército Branco baixo o mando de Piotr Nikolaievich Wrangel e na Segunda Guerra Mundial sufriu o asedio alemán durante 250 días (1941-1942) que aniquilou a gran parte da poboación. Durante a época da Unión Soviética Sebastopol foi unha cidade pechada, dependente directamente das autoridades centrais.

Incorporación a Rusia[editar | editar a fonte]

Momento da sinatura da anexión da República de Crimea e Sebastopol á Federación Rusa.

En marzo de 2014, despois do Referendo de Crimea de 2014, a cidade de Sebastopol xunto coa recentemente creada República de Crimea, solicitaron a súa incorporación á Federación Rusa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]