América do Norte
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
América do Norte
| Área | 24,096,580 km² |
|---|---|
| Poboación | 320,717,000 |
| Países | 3 Canadá México Estados Unidos |
| Dependencias | 3 Grenlandia Bermudas San Pedro e Miguelón |
| Xentilicio: | Norteamericano, americano |
| Linguas | Inglés, español, francés, danés, náhuatl ... |
| Fusos horarios | Desde UTC -3:00 (Nuuk, Grenlandia) a UTC -10:00 (Illas Aleutianas, Estados Unidos) |
| Cidades máis grandes | 1. Cidade de México| 2. Nova York 3. Chicago 4. Atlanta 5. Filadelfia |
| Cidades máis poboadas | 1. Cidade de México 2. Nova York 3. Os Ánxeles 4. Chicago 5. Toronto |
América do Norte refírese á parte norte do continente americano. Nel sitúase a segunda illa meirande do mundo (Grenlandia), e tamén medran as árbores máis altas do mundo (secuoias) que chegan ata os 83 metros de altura con diámetros de ata 9 metros. É o subcontinente con maior consumo enerxético e a rede de transportes e comunicacións máis densa do mundo. Inclúe a maior vía acuática de comunicación (Golfo de México -> río Mississippi -> Grandes Lagos -> Canle de San Lourenzo -> Atlántico Norte).
Índice |
[editar] Países independentes
- Canadá
- Estados Unidos de América
- México
- (De 1861 ata 1865 existiu tamén os Estados Confederados de América, reintegrado nos Estados Unidos)
[editar] Territorios dependentes
- Grenlandia (Dinamarca)
- San Pedro e Miquelón (Francia)
- Bermudas (Reino Unido)
- (Alasca pertenceu a Rusia ata 1867)
[editar] Medidas
Área: 23.477.000 km 2
Anchura máxima: 6.437,3 km
Lonxitude de costa: 154.497 km
Punto máis alto: Mt. McKinley (Alasca), 6.194 m
Punto máis baixo: Val da Morte (Death Valley, EUA), -86 m
[editar] Xeoloxía
A masa está asentada sobre a Placa de Norteamérica. Comprendendo o Escudo Canadense. A masa desprendeuse de Europa e de África do norte a finais da era precámbrica, hai 570 millóns de anos.
[editar] Ver tamén
| Países do mundo | América do norte |
| Países con parte do seu territorio en América do norte
|