Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Surrey é un condado do Reino Unido, situado no sur de Inglaterra. Ocupa unha área de 1.663 km², e a súa poboación estimada en 2010 era de 1,127.300 habitantes. Malia que a capital histórica de Surrey é Guildford, a sede do goberno está en Kingston upon Thames, unha localidade que curiosamente non está situada neste condado, senón no veciño Gran Londres dende o ano 1965. As vilas máis poboadas de Surrey son Guildford e Woking.
Surrey limita cos condados de Gran Londres, Kent, East Sussex, West Sussex, Hampshire e Berkshire.
-
-
Academia militar de Sandhurst.
-
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: