Acre, Brasil
|
|
|||
| Capital | Río Branco | ||
| Área | 153.149,9 km2 | ||
| Poboación | 557.882 (Censo 2000) | ||
| Hora | GMT-4 | ||
| Governador: | Binho Marques | ||
| Mapa do Acre no Brasil | |||
|---|---|---|---|
O Acre é un estado brasileiro situado a suroeste da Rexión Norte. Ten como límites: Amazonas (N); Rondônia (E); Bolivia (SE); e Perú (S e O). Ocupa unha área de 153.149 Km². A capital é Río Branco e as cidades máis populosas son: Río Branco, Cruzeiro do Sul, Tarauacá, Sena Madureira e Brasiléia.
Un planalto co altitude média de 200 m domina grande parte do Acre. Seus ríos máis importantes son Juruá, Tarauacá, Muru, Embirá e Xapuri.
Historia [editar]
Ata o início do século XX o Acre pertencía à Bolivia. Pero dende o comezo do século XIX, grande parte de súa poboación era de brasileiros que exploravan o caucho e que, na práctica, acabaron creando un território independente. O 1899, os bolivianos tentaron asegurar o control da área, pero os brasileiros se revoltaron.
O 17 de novembro de 1903 foi asinado o Tratado de Petrópolis, en que o Brasil recebeu a pose definitiva da rexión en cambio de terras do Mato Groso, do pagamento de 2 millóns de libras esterlinas e do compromiso de construír o ferrocarril Madeira-Mamoré. Asi, o Acre foi integrado ao Brasil como território.
O 15 de xuño de 1962, foi elevado á categoría de Estado.
- Fonte: Páxina do Goberno Brasileiro
Economía [editar]
A economía do estado basease na extracción de caucho e castaña, na gandería e na agricultura. Co relación ó extrativismo, o grande impulso na vida económica e na colonización deste estado foi dado coa exploración do caucho en fins do século XIX e comezo do XX.
Hai poucas industrias no estado, que está moi lonxe dos principais mercados consumidores.
Ligazóns externas [editar]
- Goberno do Estado do Acre en portugués.