A Lama
| A Lama | |
|---|---|
| Casa do Concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | lamense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Pontevedra |
| Comarca | Pontevedra |
| Poboación | 2.976 hab. (2011) |
| Área | 111,8 km² |
| Densidade | 26,61 hab./km² |
| Entidades de poboación | 10 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Jorge Canda Martínez (PPdG) |
| Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 3 Outros: - |
| Eleccións municipais na Lama | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 92,88 % |
| Sitio web oficial | |
| http://www.concellodalama.com/ | |
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Lama (homónimos).
A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de habitantes en 2011 tiña 2.976 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2.957 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é lamense.
| Evolución da poboación de A Lama - desde 1900 ata 2011 - | ||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 |
| 5.305 | 4.941 | 4.863 | 3.040 | 2.905 | 2.966 | 2.976 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||||
Índice |
[editar] Xeografía
O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cotobade.
Na súa extensión tópanse os seguintes montes de máis de 1.000 metros:
| Monte | Parroquia | Altitude |
|---|---|---|
| O Coto da Puza | Xesta | 1.035 m |
| A Portela dos Xarotos | Xesta | 1.025 m |
| A Pedra da Letra | Xesta | 1.019 m |
| O Coto dos Pusallos | Xesta | 1.007 m |
| O Foxo do Lobo | Xesta | 1.001 m |
| O Seixo | A Barcia do Seixo | 1.000 m |
Outras elevacións importantes son Santa Mariña (993 metros) ou o Cando (968 metros).
[editar] Comunicacións
A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cotobade.
[editar] Demografía
Segundo INE, no 2011 vivían 2.976 veciños no municipio, dos que 1.426 homes e 1.500 mulleres. O que supón un aumento do 0,33% respecto ao 2010, cando vivían 2.966 persoas no concello.
A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo. De todas maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).
A continuación, evolución da poboación do concello dende o ano 2000
| Ano | Poboación (hab.) |
|---|---|
| 2000 | 3.047 |
| 2002 | 2.882 |
| 2004 | 2.905 |
| 2006 | 3.022 |
| 2008 | 3.014 |
| 2010 | 2.966 |
| 2011 | 2.976 |
A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con notoriedade, a máis poboada.
Porcentaxe de poboación que vive en cada parroquia (INE 2010):
| Parroquia | Poboación | Porcentaxe |
|---|---|---|
| Antas | 296 | 9,95% |
| Barcia | 299 | 10,05% |
| Berducido | 230 | 7,73% |
| Covelo | 274 | 9,21% |
| Escuadra | 178 | 5,98% |
| Gaxate | 197 | 6,62% |
| Lama | 670 | 22,51% |
| Seixido | 347 | 11,66% |
| Xende | 106 | 3,56% |
| Xesta | 369 | 12,40% |
[editar] Historia
Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3.500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce. Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.
Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro de Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.
Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.
A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.
En 1998 inaugurouse o centro penitenciario da Lama.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes da Lama.
[editar] Parroquias
[editar] Lugares da Lama
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Lama vexa: Lugares da Lama.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
| Concellos da Comarca de Pontevedra | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Barro |
Campo Lameiro |
Cotobade |
A Lama |
Poio |
Ponte Caldelas |
Pontevedra |
Vilaboa |
|
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |