Ría de Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A ría desde Mugardos
Panorámica da ria de Ferrol, vista desde a entrada entre-castelos
Panorámica da ria de Ferrol, vista desde o Coto de Ancos
Estaleiros na ría, co porto exterior ó fondo

A ría de Ferrol é unha das rías galegas.

[editar] Historia

Existen referencias históricas de asentamentos romanos, normandos e da Baixa Idade Media, todos eles vencellados ao comercio e as actividades navais, militares e pesqueiras que decaen a partir da Alta Idade Media.

Durante a dinastía dos Austrias utilizouse a ría como base non permanente das Armadas, o que supuxo a construción das primeiras fortificacións. A chegada dos Borbóns á Coroa de España trouxo trocos substanciais na política naval decidindo emprazar na ría ferrolá o Arsenal del Norte, por ser un porto natural e idóneo desde o punto de vista táctico e defensivo.

O porto da ría de Ferrol ata ben entrado o século XIX tivo un carácter totalmente castrense, con escasas referencias ó pequeno peirao situado no barrio de Ferrol Vello. Un novo porto, desvencellado da actividade militar, estaba condicionado pola situación do Arsenal e o recinto amurallado defensivo da praza.

Elixiuse o emprazamento anexo ó Arsenal cara ó oeste, sendo os primeiros estudos de 1856, a partir dos cales se realizou un pequeno dique, do que arrancaba un espigón de 200 metros, construíndose o Peirao Sur e unha pequena dársena.

O 24 de agosto de 1910 créase por Real Decreto, a Junta de Obras del Puerto de Ferrol e a partir do ano seguinte procedeuse a ampliar a infraestrutura existente realizándose as obras de dragado e ampliación da dársena co Peirao de Curuxeiras e o adiantamento dos Cantís.

No ano 1918 redactouse un anteproxecto que fixaba as liñas a seguir en futuras ampliacións, actuacións que se desenvolveron en 1944, cun importante salto cuantitativo, creando o Peirao de Ribeira (hoxe, Fenández Ladedra), que non se rematou ata 1960, apoiándose no Peirao Sur anterior e establecendo os accesos ferroviarios o Porto e o Arsenal.

Entre 1949 e 1959 construíronse os peiraos que conforman a Dársena de Curuxeiras (Espigón e Pasaxeiros da Ria).

En 1968, no contexto da especialización de Astano na construción de súper-petroleiros, tivo lugar a inauguración da "Ponte das Pías", tamén denominada como A Ponte do Caudillo, título honorífico do Ditador. A ponte recortaba en 8 quilómetros o acceso á cidade desde o sur, e aseguraba a súa conexión directa cos astilleiros de Astano.

A partir de 1984 iniciase a ultima fase de expansión para obter maiores calados, mais lonxitude dos atraques e superficies de depósitos máis grandes. Constrúense o Novo Peirao con 14 metros de calado, base para desenvolvementos posteriores.

Na derradeira década do século XX ampliase polo sur o "Peirao Fernández Ladedra" para calados ata 12,50 metros, constráense o peirao que pecha polo norte e créase o acceso o peirao por autovía.

En 1995 comezouse os primeiros estudos para a construción dun peirao na entrada da ria, obras que comezaron no ano 2001. Os peiraos actuais complementan-se cos anteriores facendo do Porto de Ferrol o mellor dotado do noroeste peninsular tanto en liñas de atraque e calados como en superficies.

[editar] Galería de imaxes

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas