A Pobra de Trives

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Pobra.
A Pobra de Trives
Escudo de A Pobra de Trives
Situación
Situacion A Pobra de Trives.PNG
Xentilicio[1]: Pobrense
Xeografía
Provincia: Provincia de Ourense
Comarca: Terra de Trives
Poboación: 2.549 hab. (2009)
Área: 84,2 km²
Densidade: 30,45 hab./km²
Entidades de poboación: 19 parroquias
Capital do concello: A Pobra de Trives
Política (2011)
Alcalde: Francisco Fernández Blanco (ATI)
Concelleiros: BNG: 0
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 1
Outros: ATI - 5
Eleccións municipais na Pobra de Trives
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 95,04 %
Sitio web oficial
-

A Pobra de Trives é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal en 2009 tiña 2.549 habitantes (2.721 en 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Pobrense ou Trivés.

Censo Total 2.549
Menores de 15 anos 220 (8,63 %)
Entre 15 e 64 anos 1.479 (58,02 %)
Maiores de 65 anos 850 (33,35 %)
Evolución da poboación de A Pobra de Trives - desde 1900 ata 2009 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009
 5.541  5.446  5.713  5.305  2.721  2.664
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Xeografía

A Pobra de Trives sitúase nas estribacións occidentais da Serra de Queixa, que superan os 1.500 m (Cabeza dos Bois, 1.707 m e As Chairas de Maceda, 1.685 m), no que se coñece como A Cabeza Pequena de Manzaneda. O terreo baixa cara o oeste e as ribeiras do río Bibei, formando vales estreitos e encaixados con grandes desniveis.

O Bibei é o afluente máis importante do río Sil. Nace na Serra da Segundeira, a 1.840 m. de altitude e constitúe case todo o limite norte do concello. Desde a súa marxe esquerda desembocan nel o río Navea e os San Lázaro, Cabalar e Fiscaíño, que rematan en cascadas.

Nas partes altas predomina un clima de montaña e nos vales é case mediteráneo. Os invernos son duros e longos (9 °C) e os veráns mornos (15 °C en xullo). As precipitacións aumentan coa altura e van dos 874 mm do fondo do val aos case 2.000 mm das montañas.

[editar] Historia

Hai restos de castros, a maioría romanizados, como A Cividá, O Castro, O Castelo ou As Cigadoñas. Os poboadores eran os tiburos, cuxa capital se chamaba Nemetóbriga e que pode corresponder a Trives Vello, Ponte Navea ou Mendoia.

A Vía XVIII do Itinerario de Antonino, coñecida como Vía Nova, entraba por Ponte Navea, atravesaba Trives Vello, Ponte Cabalar, Mendoia, e saía pola ponte sobre o río Bibei.

A comezos da Idade Media, a maioría das terras pertencían ao conde de Lemos. Nesa altura, construíronse varios eremitorios e cenobios, como o de Cirragosa, en Cova.

[editar] Economía

O concello dedícase ao comercio e ao turismo. Neste ámbito é de salientar o complexo hoteleiro de Cabeza Grande de Manzaneda e a súa estación invernal. Abundan os hoteis e hai un camping. Entre os cultivos destaca o castiñeiro.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Lugares da Pobra de Trives

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Pobra de Trives vexa: Lugares da Pobra de Trives.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Pobra de Trives

Barrio (San Xoán) | O Castro (San Nicolao) | Cotarós (Santiago) | Cova (Santa María) | A Encomenda (Santo Antonio) | Mendoia (Nosa Sra. da Concepción) | Navea (San Miguel) | Pareisás (Santo Antonio) | Pena Folenche (Santa María) | Pena Petada (Santo Estevo) | Piñeiro (San Sebastián) | A Pobra de Trives (Sto. Cristo da Misericordia) | San Lourenzo de Trives (San Lourenzo) | San Mamede de Trives (San Mamede) | Sobrado (San Salvador) | Somoza (San Miguel) | Trives (Santa María) | Vilanova (Santa María) | Xunqueira (San Pedro)


[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas