Bóveda de canón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema dunha bóveda de canón

A bóveda de canón é aquel tipo de bóveda xerada polo desprazamento dun arco de medio punto ao longo dun eixo lonxitudinal. O seu emprego ten como resultante un empuxe horizontal considerable, que se absorbe mediante a utilización de contrafortes ou muros de contención. Empregouse para cubrir espazos lonxitudinais, como as naves das igrexas e os seus transeptos. Utilizábana na arquitectura romana e despois na románica. Cando os arcos de medio punto evolucionaron estilisticamente a arcos apuntados, as bóvedas de canón tamén seguiron a mesma tendencia, por iso apareceron logo as de carácter apuntado e finalmente abandonouse en beneficio da de bóveda de aresta que empregaba menos material cunhas prestacións moi superiores de luz.

San Serenín, Toulouse