A Fonsagrada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°7′58.8″N 7°4′1.2″W / 43.133°N 7.067°W / 43.133; -7.067

A Fonsagrada
Escudo de A Fonsagrada
Ruta Liñares de Bidul- Ponte Villabol.JPG
Ruta Liñares de Bidul- Ponte Villabol
Situación
Situacion A Fonsagrada.PNG
Xentilicio[1] fonsagradino - brañego
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca da Fonsagrada
Poboación 4412 hab. (2010)
Área 438,4 km²
Densidade 10,06 hab./km²
Entidades de poboación 29 parroquias
Capital do concello A Fonsagrada
Política (2011)
Alcalde Argelio Fernández Queipo (PSdeG-PSOE)
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 6
Outros:
Eleccións municipais na Fonsagrada
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 99,22%
Páxina web oficial
http://www.fonsagrada.org

A Fonsagrada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Fonsagrada, da que é capital. Segundo o IGE en 2010 tiña 4.412 habitantes (4.856 no 2006, 4.949 no 2005, 5.007 no 2004, 4.993 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fonsagradino» ou «brañego».

Índice

Historia [editar]

Segundo algúns autores, a historia da Fonsagrada remóntase a antes do século IV, como estación dun itinerario entre Asturias e Lugo, empregando unha vía romana que precedía a vellos camiños de tempos prehistóricos. Posiblemente xa houbera poboadores hai 30.000 anos.

A súa historia xira en torno ao Camiño Primitivo de Santiago, que entra no concello polo alto do Acebo atravesando a vila da Fonsagrada, centro da devoción e visita obrigada á capela de Santa María, onde existía un albergue e unha fonte, cuxo nome (Fontem Sacra) podería ser a orixe do topónimo de "Fonsagrada". Finalmente, a ruta sae do concello pola aldea de Paradavella.

A súa localización na ruta xacobea fundamentou a construción de varios hospitais de peregrinos, como o da aldea de Montouto, mandado construír por Pedro I “O Cruel”, a mediados do século XIV: o Real Hospital de Santiago de Montouto foi construído a carón doutro máis antigo, que foi rexentado por hospitaleiros ata mediados do século XX.

O concello da Fonsagrada, xunto co de Negueira de Muñiz, formou parte ata 1835 do Concello de Burón, cuxa capitalidade ostentaba a vila da Pobra de Burón, fundada en torno ao ano 1200.

Cara a mediados do século XIV, estas terras caeron baixo o dominio dos condes de Trastámara, pasando logo a mans do conde de Altamira (cara ao año 1480). Ao longo da historia, os buroneses libraron unha gran loita contra as cargas e tributos que debían pagar, pero os señores feudais aplacaban as revoltas irmandiñas saíndo victoriosos.

Durante o século XIX, a historia da Fonsagrada está ligada á Guerra da Independencia e as Guerras Carlistas de 1833 e 1847. Co triunfo do réxime liberal, as condicións de vida dos fonsagradinos non cambiaron substancialmente. A loita social a favor da redención foral foi unha constante entre as súas xentes.

Demografía [editar]

Censo Total 4.198
Menores de 15 anos 221 (5,26 %)
Entre 15 e 64 anos 2.327 (55,43 %)
Maiores de 65 anos 1.650 (39,3 %)

Evolución da poboación do concello:

Evolución da poboación de A Fonsagrada (desde 1900 ata 2012)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012
 17.302  15.807  13.925  9.392  5.007  4.412  {{{7}}}  {{{8}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Galería de imaxes [editar]

Lugares da Fonsagrada [editar]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Fonsagrada vexa: Lugares da Fonsagrada.

Parroquias [editar]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Fonsagrada

A Allonca (Santa María) | A Bastida (San Miguel) | Bruicedo (Santiago) | Carballido (Santa María) | Cereixido (Santiago) | Cuíñas (San Cristovo) | Fonfría (Santa María Madanela) | A Fonsagrada (Santa María) | Freixo (San Xulián) | Lamas de Campos (San Roque) | Lamas de Moreira (Santa María) | Maderne (San Pedro) | Monteseiro (San Bartolo) | Pacios (Santa María) | O Padrón (San Xoán) | Paradavella (San Xoán) | Piñeira (Santa María) | A Proba de Burón (Santa María Madanela) | San Martín de Arroxo (San Martín) | San Martín de Suarna (San Martín) | San Pedro de Neiro (San Pedro) | San Pedro de Río (San Pedro) | Santo André de Logares (Santo André) | A Trapa (San Cibrán) | O Trobo (Santa María) | A Veiga de Logares (Santa María) | Vieiro (Santo Antonio) | Vilabol de Suarna (Santa María) | O Vilar da Cuíña (Santa Bárbara)

Notas [editar]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Ligazóns externas [editar]


Concellos da Comarca da Fonsagrada Comarca da Fonsagrada
A Fonsagrada
A Fonsagrada
Baleira
Baleira
Negueira de Muñiz
Negueira de Muñiz