Xove
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Coordenadas: 43°41′09″N 07°30′32″W / 43.68583°N 7.50889°W
| Xove | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Xovense |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Lugo |
| Comarca: | Mariña Occidental |
| Poboación: | 3.500 hab. (2010) |
| Área: | 89,1 km² |
| Densidade: | 39,90 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 8 parroquias e 86 lugares |
| Capital do concello: | Xove |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Demetrio Salgueiro Rapa (PPdeG) |
| Concelleiros: | BNG: 2 PPdeG: 8 PSdeG-PSOE: 1 Outros: - |
| Eleccións municipais en Xove | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 97,76 % |
| Sitio web oficial | |
| www.xove.es | |
Xove é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2010 tiña 3.500 habitantes (3.614 no 2006, 3.636 no 2005, 3.603 no 2004, 3.574 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é xovense.
| Evolución da poboación de Xove - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 3.816 | 3.711 | 4.062 | 3.607 | 3.603 | 3.500 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
Índice |
[editar] Xeografía
Limita cos concellos de Cervo e Viveiro. As súas costas están bañados polo mar Cantábrico. Ten unha superficie de 89 km². O cumio máis alto é o Pao da Vella (705 m). Outro pico importante é o monte Medela (346 m)
[editar] Historia
Na zona hai numerosos enterramentos megalíticos.
O topónimo podería preoceder do latín Villa Iovii, Vila de Xúpiter, quizais referido a un templo ou altar construído trala romanización.
Durante o antigo réxime estas terras pertenceron ás xurisdicións de Portocelo, Galdo e Viveiro, dependentes da provincia de Mondoñedo. Coa nova división territorial a comezos do século XIX convertiuse no concello de Portocelo, integrado na provincia de Lugo. En 1940 adoptou a denominación actual, pasando a capitalidade a Xove.
En 1973 o estado español proxectou a construción da central nuclear de Regodola, que sería explotada por Fenosa, Electra do Viesgo e Hidroeléctrica do Cantábrico. Tras fortes protestas veciñais, a súa construción adiouse, quedando paralizada coa moratoria nuclear de 1985.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Xove.
[editar] Lugares de Xove
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xove vexa: Lugares de Xove.
[editar] Parroquias
[editar] Festas
- San Bartolo na capital, Xove, na segunda metade do mes de agosto.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||
|
|||||