Begonte
| Begonte | |
|---|---|
| Casa do concello | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | begontino |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Lugo |
| Comarca | Terra Chá |
| Poboación | 3.475 hab. (2009) |
| Área | 126,8 km² |
| Densidade | 27,90 hab./km² |
| Entidades de poboación | 19 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | José Ulla Rocha (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 2 Outros: IBT - 1 |
| Eleccións municipais en Begonte | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,86 % |
| Sitio web oficial | |
| www.concellodebegonte.es | |
Begonte é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o INE a súa poboación no 2010 era de 3.413 habitantes (3.587 no 2006, 3.616 no 2005, 3.682 no 2004, 3.684 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é begontino.
| Evolución da poboación de Begonte - desde 1900 ata 2011 - | ||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 |
| 6.541 | 6.335 | 6.963 | 4.753 | 3.682 | {{{6}}} | {{{7}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||||
| Censo Total | 3.413 |
| Menores de 15 anos | 233 (6,83%) |
| Entre 15 e 64 anos | 2.022 (59,24%) |
| Maiores de 65 anos | 1.158 (33,93%) |
Índice |
[editar] Xeografía
O Concello de Begonte está formado por 19 parroquias, cun total de 103 entidades de poboación. Atópase ao oeste da provincia de Lugo, a 19 km da capital. Ten unha extensión de 125,4 km², e limita con Guitiriz, Vilalba, Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei e Friol. Pertence ó partido xudicial de Vilalba.
A súa superficie é plana na zona central do concello, como corresponde á comarca na que está enclavado. As zonas altas están situadas ó norte, noroeste e sur. Os puntos máis elevados, nas serras occidentais do Concello, son o Cordal (735 m), e Monterredondo e Pena Cha (600 m).
Seguindo a zona máis baixa do concello, case paralelas ó eixo fluvial dos ríos Parga e Ladra, pasan a autovía A-6 e o ferrocarril Palencia-A Coruña. Así mesmo, pasa polo concello a autovía A-8, que conecta Lugo co norte da península.
Os ríos Parga e Ladra cruzan o concello, xuntándose en Pacios antes de desembocar no río Miño, xa no concello de Outeiro de Rei. A xuntanza do río Támoga co Miño forma a illa de San Roque no punto onde limitan os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Cospeito. As lagoas do Ollo e Riocaldo, ás que hai que engadir as orixinadas pola extracción de áridos nas inmediacións da de Riocaldo, teñen un excelente futuro cunha dobre vertente: a observación e potenciación da natureza, desde o punto de vista medioambiental e unha racional explotación turística que contemple a súa singularidade.
Begonte está incluído entre os concellos considerados lugares privilexiados da Rede Natura 2000, e así unha zona do seu territorio forma parte do LIC Parga-Ladra-Támoga, que comprende as ribeiras dos ríos Parga, Ladra, Támoga e Miño, e as lagoas de Riocaldo.
[editar] Historia
[editar] Toponimia
O nome de Begonte procede (pasando por unha disimilación respecto á tónica) dun antropónimo xermánico na locución [villa(m)] Abogonti e está composto de abo, "home", gunth, "loita" e a terminación do xenitivo latino.
Segundo Manuel Vidán Torreira, debe o seu nome aos lexionarios romanos da tribo dos Vocontii, da conca do río Ródano. Aparece mencionado o ano 666 na Itación de Wamba como Pogonti, nuns documentos de 966 e 971 aparece con Boconti, e en 1137 e 1187 aparece documentado como Bogunti. Segundo Nicandro Ares Vázquez, Vocontii pode tamén significar "Vinte" ou "Os vinte", que podería corresponder aos aproximadamente vinte quilómetros de distancia á capital lucense.
[editar] Asentamentos
Hai restos arqueolóxicos do megalitismo (cara ao 3500 a. C.), así como da ocupación romana. Os Baamonde e os Saavedra deron nome a dúas parroquias do concello, aínda que o paso dos séculos fixo desaparecer a casa-fortaleza de Baamonde e o castelo de Saavedra, onde fixo noite Vermudo II cando veu conquistar o castelo de Aguiar, e onde ditou sentencia familiar Afonso V. Os irmandiños intentaron tomalo, pero foron derrotados.
Begonte foi un lugar de paso cara a Castela, sendo inaugurada a estrada Madrid - A Coruña en 1773, substituíndo o antigo Camiño Real que desde a ponte de Rábade cruzaba este concello. Tamén pasa polo concello a vía do Norte do camiño de Santiago.
A comezos do século XIX os franceses invadiron a comarca, quedando os topónimos de Francés na parroquia de Carral.
O ferrocarril chegou en 1885. Malia que xa en 1874 se solicitara un apeadoiro, non tivo estación de ferrocarril até xuño de 1941.
O Concello de Begonte xorde en 1842, sendo o seu primeiro alcalde Ramón Losada y Montenegro. En 1924, Rábade (que pertencía a Begonte) independizouse como entidade local menor, conseguindo ser concello en 1925.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Begonte.
[editar] Lugares de Begonte
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Begonte vexa: Lugares de Begonte.
[editar] Parroquias
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
|
|||||